Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dumbría subiuse á bici de montaña

Dumbría subiuse á bici de montaña
400 ciclistas na BTT Dumbria 2014-Foto-Jorge Parri

A IV marcha BTT Concello de Dumbría resultou un gran ėxito de participación, superando os 400 ciclistas. A pesar da gran afluencia de deportistas, todo se desenvolveu con normalidade, se ben houbo varias caídas de diversa consideración que entre tanta xente tamén son habituais. Pero o importante que todos os que chegaron de todas partes de Galicia disfrutaron do deporte, da natureza e da boa atención, pois destacaron o bo trato e as boas instalacións que pon o Concello de Dumbría á súa disposición.

Marea de ciclistas na BTT de Dumbria-Foto-Jorge Parri

A saída prevista para as 9,45h retrasouse 5 minutos e as 9,50m o Alcalde Jose Manuel Pequeño, acompañado polo Concelleiro de deportes Jose Castiñeira, Vicente Formoso (Triki) e o padriño da marcha Víctor Tasende cortaron a cinta de saida.
Logo dun paseo polas principais vias da capital do Municipio, o premiado cemiterio de cores era esceario de como as bicicletas se adentraban nos montes, en direccion a Caforra a primeira subida de consideración para cruzar o parque eólico de Paradela, pasar por Hospital, pedra do Brazal, aldea de Logoso, Filgueira e avituallamento os 22km en San Cremenzo.
Logo deste pequeno descanso outra subida ata o alto de Miñons donde as vistas eran estupendas, baixada rápida con alternativas para tódolos públicos en direccion Castro de Buxantes, Busto, Figueiroa e Instalacións deportivas do Conco.

En total 42,5km con diferentes tipos de superficies.

BTT Dumbria-Foto-Jorge Parri

Completo dispositivo de seguridade e de servizos

Para o control de todo e percorrido, o Concello de Dumbría e Club Ciclista Dumbría dispuxo un completísimo dispositivo de seguridade que contaba cun total de 46 voluntarios : Protección Civil cortando os cruces principais, 12 quads, 1 moto e 2 pick up. O primeiro corredor en completar a ruta foi Javier Bouza do club pulpeira de Mugardos cun tempo de 2h e 15 m, o club máis numeroso foron os Toxos de Noia, con 16 membros, participante de minor idade, Noel lópez de 16 anos, o máis veterano Jose Antonio Lado Lestón con 62 anos e a primeira fémina en cruzar a meta Isabel Sendón.
Unha vez rematada a marcha os ciclistas dispoñían dun servizo completo de: batidos enerxéticos recuperadores, proporcionados por Nutrisport, lavado de bicicletas, duchas, comida e agasallo conmemorativo.

Entrega de Trofeos da BTT de Dumbria Churrascada para a BTT Dumbria-Foto-Jorge Parri

Unha charla ciclista en Cee

A fin de semana ciclista arrincaba o sábado en Cee con unha nteresante conferencia biomédica impartida por Adolfo Vigo, profesional do Estudio de biomecánica do ciclismo Pedalea Bien (Carballo).
A charla comezou ás 16:30 horas (ata as 19:30) e contou cunha nutrida representación de membros do Club Ciclista de Cee así como doutras persoas da comarca.

A charla incidiu en consideracións habituais relacionadas coa práctica do ciclismo que poden provocar lesións así como elementos a ter en conta para prevenir as mesmas: qué tamaño de bicicleta comprar, modo de pedaleo, extratexias para mellor a posición na bicicleta, etc.

Charla biotecnica ciclista en Cee

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios