Máis de 50 albumes completados entran no sorteo

Sabemos que moitos xa tendes o álbum completo pero que aínda non nos enviastes o voso nome e unha foto. Pois xa temos 50 persoas que nos confirmaron que remataron o álbum de cromos do Fütbol da Costa e xa optan á Play 3 que regala a Tenda Tien21 Electro-Chouza de Carnota.

Un álbum que une xeracións, pois como vemos en Corme, con máis 20 álbumes completados, dende os máis peques ata as avoas coleccionan os cromos da Costa.

E de Corme chegan, como dicimos, unha marea de álbumes completos, pero tamén de Dumbría, Lariño, Baio, Carballo, Sofán, Mazaricos, Vimianzo, Ponteceso, Fisterra, Cee, Outes...

Intercambios comarcal

E fantásticas son as historias que nos contan por aquí e acolá do intercambio a nivel comarcal. Ese Jorge Parri deixando en Carballo cromos para Gueli, ou ese Suso da Torriña indo ata Carballo a mercar máis cromos para os seus pequenos coleccionistas. Sen ir máis lonxe, a través da rede tamén se conseguiron acabar varios álbumes, e se non que llo pregunten a Vane Viña, do punto de venda Ave Paraíso, en Carballo, que conseguía o último cromo facendo esta chamada a través do FB!

Así que se sabedes que alguén ten o álbum completo, que nos envíe un correo cos seus datos e unha foto como estas a info@quepasanacosta.gal.

E a seguir collecionando!!.

Novas relacionadas

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).