Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os cromos da Costa, un estado de ánimo

Os cromos da Costa, un estado de ánimo
Puntos-de-venda-dos-Cromos-da-Costa

Temos que facer unha paradiña para valorar a acollida que están tendo os cromos da Costa nestes primeiros 10 días en circulación. A resposta está sendo espectacular e xa van agotadas a primeira tirada de álbumes e as dúas primeiras tiradas de sobres de cromos. Que non cunda o pánico, que hai máis en camiño!

E facendo balance de como se están consumindo os cromos, podemos dicir que todo na vida é un estado de ánimo. Así o refrendan os números de sobres que estamos tendo que deixar nos puntos de venda, aos que ademais temos que agradecer encarecidamente a súa colaboración.

Así, notamos que en 4 ou 5 sitios a xente non para de mercar, e parece coincidir ca boa marcha do equipo, e tamén coa afección intrínseca da vila. Que podemos dicir de Corme, onde a xente ventila os cromos unha e outra vez no Bar de Lao e na Papelería Vidú, onde xa fan quedadas para intercambiar.

Non podemos deixar de falar de Camelle, onde no Bar A Molinera, Marcos Baña non dá feito. Menudo recibimento tivemos o día que chegamos co material...
Outro punto que demostra que o fútbol e a vida son estados de ánimo é Outes. A Pousada non para de pedir máis e máis e cromos, e coma os puntos de Muros, aló ten que ir Jorge Parri de reparto unha e outra vez.

En Fisterra o fútbol vai máis alá do momento. A afección está por riba dos tempos, e se o equipo hoxendía non está sobrao, os cromos quítanllos das mans ao Quiosco de Chus e mais á Librería Agarimo.
Temos que facer mención tamén aos bares de Baio, á Central e ao Trébol, ao Tívoli de Zas, o Cataliño de Castriz ou como non, o London de Vimianzo, un dos templos do fútbol costeiro aos que habería que facer unha tremenda homenaxe.

Outro que nos daba a súa valoración era Carlos, de Chuminadas O Rollo de Corcubión. "Veñen de Carnota, de Muxía, de Fisterra, a polos cromos da Costa", explica, "e gástanse moito máis que os da Liga das Estrellas".

O propio Carlos fainos unha valoración da xente que merca os cromos. "Todos, rapaciños, os propios xogadores, os vellos... todo o mundo pregunta polos cromos da Costa".

A resposta está sendo tal que ata a Librería Simba, pediunos que levemos cromos a Negreira!! E aló van! Ademais, xa nos pediron tamén en Lugo e A Coruña, pero polo de pronto terán que achegarse pola Costa da Morte para facerse co seu álbum.

Mellor rollo nos campos

Era Suso da Torriña, coñecedor da resposta dos cromos non só dentro do Corme (o clube mercou 20 albumes para que os seus xogadores comezaran a colección) senón tamén detrás da barra do Bar de Lao, un dos máis que 40 puntos de venda.

Suso nos contaba este domingo tralo partido contra o Fisterra no Cairo que "ata parece que hai mellor rollo nos campos, porque agora cos cromos si que nos podemos coñecer todos".

Unha nova demostración do poder do fútbol na Costa da Morte, que traspasa as fronteiras do deporte e se convirte nun auténtico fenómeno social que vertebra, que une.

Novas relacionadas

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios