Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xa temos o primeiro Álbum completo

Xa temos o primeiro Álbum completo
Maico do London primeiro en rematar un album da Costa acompanado por Chuchi

Apenas dúas semanas en circulación e xa hai quen conseguiu os máis de 700 cromos do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa. Como esto dos cromos da Costa é un estado de ánimo, a emoción fainos coleccionar a mareas. E a falta de un, esta noite chegáronnos dous amantes do fútbol costeiro que xa o completaron.

Primeiro chegounos a nova dende Vimianzo, dende o Bar London, un dos templos do Fútbol costeiro que pasa por ser un dos máis de 40 puntos de venda que teñen cromos ao longo da bisbarra. E parece que moitos dos cromos os mercou o propio Maico, o xefe, pois foi el o primeiro que nos fixo chegar que completou o álbum. Para os que o coñecen, saben que Chuchi tivo que colocarse ao seu carón para botala foto!

De contado chegounos a nova de que Diego Lobelos, fisterrán adestrador dos xuvenís do Dumbría, tamén o completou. Estamos á espera dunha fotiño.

Ambos, tras comprobarmos o equipo QPC que efectivamente está completo, entran a participar no Sorteo dunha Play3.

Pois vai ter que voltar Manolo Pampín ca súa Revista da FDS, que xa fixo unha fermosa reportaxe da saída dos cromos e prometeu que en canto se completara, volvía pola zona!

Novas relacionadas

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios