Máis de 600 nenos participarán no Carballo Handball Festival
En plena Semana Santa, Carballo encherá as súas pistas de balonmán. Segunda edición do Carballo Handball Festival, unha cita cos mellores clubes de base do balonmán galego que terá lugar na vila en Semana Santa. Máis de 600 nenos e nenas, ademais de técnicos e adestradores ocuparán os pavillóns Carballo Calero e Vila de Noia, así como as instalacións do CEIP Fogar, entre o xoves 24 e o sábado 26 de marzo.
Participarán o Club Balonmán Basauri, o JuanFersa Gijón, o BM Culleredo, o BM Lucus, o BM Camariñas, o Sao Paio de Oleiros, o AD Zas, o BM Cangas, o BM Xallas, a Escola Municipal de Abegondo, o BM Cines e o BM Narón, ademais das Escolas de Balonmán Xiria.
Serán un total de 800 persoas, polo que a idea é "buscar un produto alternativo para Carballo en Semana Santa que complemente a potente oferta xa existente na Costa da Morte”, como recoñecía o Concelleiro de Turismo, Xosé Regueira. Os eventos deportivos son un foco de atracción moi interesante para dinamizar o sector.
Novas relacionadas
- dolorosa derrota
Fonte
- Concello de Carballo.