Máis derrotas que vitorias neste comezo de ano para a familia do Volei Dumbría

Non foi o comezo de ano na súa visita ourensá. Só os infantís e os cadetes volveron con vitoria.

1º División Senior masculina

  • Resultado: Asesores Vila Castro (3-0) Voleibol Dumbría.
  • Parciais: 33-31/25-21/25-14.

Derrotas dos seniors na viaxe a Ourense no que dispuseron de oito balóns de set para gañar o primeiro set que non aproveitaron e a raíz de aí foron a menos e non foron capaces de reaccionar e perderon con claridade.

 

1º División Xuvenil masculina

  • Resultado: Asesores Vila Castro (3-1) Voleibol Dumbría.
  • Parciais: 25-16/18-25/25-22/25-18.

O xuvenil non pudo facer frente a uns dos equipos máis fortes da categoría, e non puderon aproveitar as ventaxas das que dispoñian e quedaron a mercé do xogo deles. No tercer set non souberon aproveitar a vantaxe que levaban para gañar o set e a partir de aí non foron competitivos.

 

1º División Cadete masculina

  • Resultado: Asesores Vila Castro (1-3) Voleibol Dumbría.
  • Parciais: 17-25/25-20/15-25/19-25.

Vitoria dos cadetes nun partido competido que apretaron no momentos decisivos para sacar ventaxa e gañar o partido.

 

1º División Infantil masculina

  • Resultado: Asesores Vila Castro (0-3) Manuela Rial Mouzo.
  • Parciais: 11-25/22-25/11-25.

Vitoria dos líderes da categoría con claridade pese a ser xustos para xogar.

 

2º División Cadete femenina

  • Resultado: IES De Ames (3-0) Voleibol Dumbría.
  • Parciais: 25-19/31-29/26-24.

Derrota con marcadores axustados no cal o equipo dumbriés notou as baixas de varias xogadoras importantes.

 

Vindeira xornada

Este fin de semana, o sábado 16 de xaneiro, terán os seguintes partidos:

  • En Ourense:
    - 12:00 2º División Cadete femenino Burgas - Voleibol Dumbría;
    - 16:00 2º División Cadete femenino CV Ourense - Voleibol Dumbría.
  • En Dumbría:
    - 16:00 1º División Cadete masculino Voleibol Dumbría- San Sadurniño;
    - 17:30 1º División Xuvenil masculino Voleibol Dumbría- San Sadurniño;
    - 19:00 1º División Senior masculino Voleibol Dumbría- CV Noia.
 

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Fonte

  • Volei Dumbría.