Máis derrotas que vitorias neste comezo de ano para a familia do Volei Dumbría

Non foi o comezo de ano na súa visita ourensá. Só os infantís e os cadetes volveron con vitoria.
1º División Senior masculina
- Resultado: Asesores Vila Castro (3-0) Voleibol Dumbría.
- Parciais: 33-31/25-21/25-14.
Derrotas dos seniors na viaxe a Ourense no que dispuseron de oito balóns de set para gañar o primeiro set que non aproveitaron e a raíz de aí foron a menos e non foron capaces de reaccionar e perderon con claridade.
1º División Xuvenil masculina
- Resultado: Asesores Vila Castro (3-1) Voleibol Dumbría.
- Parciais: 25-16/18-25/25-22/25-18.
O xuvenil non pudo facer frente a uns dos equipos máis fortes da categoría, e non puderon aproveitar as ventaxas das que dispoñian e quedaron a mercé do xogo deles. No tercer set non souberon aproveitar a vantaxe que levaban para gañar o set e a partir de aí non foron competitivos.
1º División Cadete masculina
- Resultado: Asesores Vila Castro (1-3) Voleibol Dumbría.
- Parciais: 17-25/25-20/15-25/19-25.
Vitoria dos cadetes nun partido competido que apretaron no momentos decisivos para sacar ventaxa e gañar o partido.
1º División Infantil masculina
- Resultado: Asesores Vila Castro (0-3) Manuela Rial Mouzo.
- Parciais: 11-25/22-25/11-25.
Vitoria dos líderes da categoría con claridade pese a ser xustos para xogar.
2º División Cadete femenina
- Resultado: IES De Ames (3-0) Voleibol Dumbría.
- Parciais: 25-19/31-29/26-24.
Derrota con marcadores axustados no cal o equipo dumbriés notou as baixas de varias xogadoras importantes.
Vindeira xornada
Este fin de semana, o sábado 16 de xaneiro, terán os seguintes partidos:
- En Ourense:
- 12:00 2º División Cadete femenino Burgas - Voleibol Dumbría;
- 16:00 2º División Cadete femenino CV Ourense - Voleibol Dumbría. - En Dumbría:
- 16:00 1º División Cadete masculino Voleibol Dumbría- San Sadurniño;
- 17:30 1º División Xuvenil masculino Voleibol Dumbría- San Sadurniño;
- 19:00 1º División Senior masculino Voleibol Dumbría- CV Noia.
Novas relacionadas
Novas relacionadas
Crónicas da tempada
- Case pleno para a familia do Volei Dumbría.
- As cadetes do Volei Dumbría collen carreira.
- Os infantís do Manuela Rial seguen invictos na Liga Galega Infantil de volei.
- Triple vitoria da familia do Volei Dumbría a todo un Emeve.
- O Volei Dumbría case fixo pleno de vitorias na fin de semana
- Dúas vitorias das categorías base do Volei Dumbría ante San Sadurniño.
- Os técnicos Volei Dumbría tamén supervisan as accións da base galega.
- Os sénior do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- As cadetes do Volei Dumbría sucumben no tie-break ante o Zalaeta.
- Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría.
- 6 equipos do Volei Dumbría volven a competición.
Fonte
- Volei Dumbría.