Máis novas de pretempada por Fisterra e Ponteceso

Sigue o seu curso a pretempada con máis novas que, como adoita acontecer nestas datas, pasan pola celebración de partidos amistosos e presentacións de novas fichaxes. Comezando polas fichaxes, hoxe temos que dar conta da fichaxe de Santiago Insua López como novo xogador da S.D. Fisterra. Así o confirmou a directiva. Santi fará labouras de psicólogo deportivo e formará parte do plantel do conxunto, para xogar de centrocampista. O xogador poderá ocupar o posto de central. Santi procede da U.D. Corcubión, onde conseguiu o ascenso de categoría. E ex xogador do Fútbol Sala Fisterra, entre outros. Volve ao Fisterra, onde xogou en cadetes, xuvenís, e senir, conseguindo gañar a Liga de Xuvenís ou a última Copa da Costa dos fisterráns. Ponteceso acolle o Trofeo Pondal e o Trofeo Apligasa O Ponteceso terá unha dura fin de semana de fútbol, iso si, de carácter amistoso. Comezando polo sábado 20 de agosto, vaise desputar o Trofeo Pondal, que é un cadrangular. Comezarán ás 17:00h, cun choque que enfrontará a Ponteceso e Sofán. Ás 17:50h xogarán Corme e Laxe. Ás 18:40h farán o propio os equipos perdedores, e dende as 19:30h xogarase a final. E o domingo, xogarase un triangular dentro do Trofeo Apligasa. Comezarán ás 17:00h co Ponteceso – Baio. Ás 18:00h xogará o perdedor do primeiro partido contra o Cabana, e ás 19:00h fará o propio o gañador do primeiro encontro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa da S.D. Fisterra e do Ponteceso S.D.