Venres. 26.04.2024
El tiempo

Fisterra acolleu a III Regata da Liga Costa da Morte

Fisterra acolleu a III Regata da Liga Costa da Morte
A pasada fin de semana, concretamente o pasado sábado, o Clube Náutico de Fisterra acollía nas súas augas a III Regata da Liga Costa da Morte. Na cita participaban o Clube Marítimo Carrumeiro, o Clube Náutico Camariñas e o Clube Náutico Fisterra. Na clase Optimist, os corcubioneses participaban con cinco embarcacións, os camariñáns con outras cinco e os fisterráns con catro. Hai que lembrar que na clase optimist, as embarcacións levan un só tripulante. Na clase Omega, os do Carrumeiro non tiñan representación, os de Camariñas tiñan unha representación e os de Fisterra dúas representacións. Neste caso, as embarcacións levan catro tripulantes. E xa por último, na clase Topaz só tiña representación o Clube Náutico de Fisterra, con dúas embarcacións de tres tripulantes. En total, xuntáronse 29 regatistas. A meteoroloxía non axudou moito, xa que había unha espesa néboa, unha suave brisa e unha pequena chuvia. En canto aos resultados, o Clube Marítimo Carrumeiro arrasou na clase Optimist, xa que se fixo con cinco dos seis primeiros postos. Fíxose coa primeira posición Marcela Corbelle López. Aínda que o tempo non acompañou, a regata obtivo un mellor resultado do agardado para os organizadores, en parte, polas gañas de navegar dos participantes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Club Marítimo Carrumeiro.

Comentarios