Maratón de futbolín da U.D. Cerqueda

A U.D. Cerqueda celebrará o vindeiro 2 de setembro, venres, o I Maratón de Futbolín. A cita será no local social das Pozacas, dende as 23:00h. Para inscribirse hai que entregar 20 puntos. E os premios serán de 300 puntos para a parella gañadora, 150 para os segundos e 50 para os terceiros. Para que se desenvolva o certame, é necesario que haxa un mínimo de 32 parellas apuntadas. Para inscribirse, hai que dirixirse ao teléfono 607 187 843 e preguntar por Cesáreo. Resumo da tempada en deuvedé
Por outra banda, o Cerqueda vén de presentar un deuvedé cun resumo do que foi a pasada tempada para o conxunto malpicán. No soporte poderemos atopar resumos de partidos e algún vídeo personalizado dos xogadores. O disco poderase acadar polo módico prezo de 8 euros, uns cartos que servirán de axuda ao clube para vindeira tempada. Os interesados e as interesadas en obter o deuvedé deben dirixirse ao teléfono 699 338 508 e preguntar por Ángel.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da U.D. Cerqueda.