Unha fermosa homenaxe en vídeo á UD Cerqueda


Levamos toda a campaña 2010-2011 disfrutando das mellores imaxes dos partidos da UD Cerqueda da man de Rakel Fondo. Hoxe esta cerquedá de corazón envíanos este vídeo homenaxe ao clube malpicán pola súa gran campaña na que quedou ás portas do ascenso á Liga da Costa. Xa puidemos disfrutar dun vídeo o ano pasado, e hoxe facemos o propio con esta campaña.
Unha homenaxe que ten a súa particular dedicatoria ao presidente do clube: "Que siga adiante con este equipo por moitos anos, que presidentes como el non existen porque é unico, o mellor, que ninguén fixo un Cerqueda tan grande como o conseguiu el e que siga loitando polo equipo da súa terra".
Así, facemos extensible esta fermosa homenaxe, felicitamos á familia da UD Cerqueda, e agradecemos encarecidamente a colaboración de Raquel co noso diario.
Ao mesmo tempo, invitamos a todos aqueles siareiros, xogadores, afeccionados, familiares de xogadores... a que nos enviedes as fotos ou os vídeos dos vosos partidos para que poidamos chegar a todos os campos da bisbarra. Xa saben que estamos en deportes@quepasanacosta.gal ou en info@quepasanacosta.gal.
Novas relacionadas
- Video entrevista de Ángel Garrido con Dani García, capitán da UD Cerqueda.
- Homenaxe 2009-2010: Unha homenaxe en vídeo á UD Cerqueda .
- O Soneira deixa sentenciada en Castriz a final da Copa da Costa.
- Repaso ao novo Plan Competicional da Federación para a campaña 2012-2013.
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Citas deportivas do verán
- Esteiro prepara a area para o Triatlón e o fútbol praia.
- O Baio convoca de novo o curso de adestradores.
- Cita cos maratóns en Baño e Esteiro.
- Campionato de F7 en Carnota.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).