Martín Varela alcanzou as semifinais en Valencia e xa pensa no Master

O cormelán Martín Varela, integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés e patrocinado por Ergosaude Equipamento Xeriátrico Clínico, Apligasa e Deceuninck competiu este pasado fin de semana no Open 500 de Valencia. Martín Varela regresaba á competición logo de superar unha lesión nun ombreiro que o tivo afastado das canchas desde o pasado mes de xullo. A súa intención é preparar con garantías a última cita importante do ano, que é o Máster Nacional, que se disputará o próximo mes de decembro e que pecha a campaña 2010. En Valencia, o cormelán partía como cuarto cabeza de serie, xa que a súa inactividade estes meses fíxolle perder varios postos no ranking nacional. En cuartos superou ao andaluz Ramos por un dobre 6-3, 1-6 e 10- 4 nun tike break rápido. Xa en semis enfrontouse á gran revelación da tempada, o mozo madrileño Dani Caverzaschi. Martín realizou un bo partido aínda que a falta de ritmo fíxose notar ante un xogador que leva todo o ano competindo, tanto en torneos nacionais como internacionais. Varela caeu por un dobre 6-1 nun moi bo partido do madrileño que ao cabo acabaría conseguindo o título.

Vindeira cita

Antes do Master, o cormelán collerá ritmo esta fin de semana no Open de Tenerife. Onte xoves chegaba a terras tinerfeñas para realizar un par de adestramentos antes de comezar hoxe venres a competición.

Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas

  • Martín Varela non pode con Kiko Tur no Open 500 de Valencia.
  • Martín Varela finalista por partida dobre no Open de Ferrol .
  • Martín Varela finalista no Open Comunidade de Madrid e campión de dobres.
  • Martín Varela xa é o número 1 do ranking nacional.
  • Martín Varela gaña o seu primeiro Open Internacional e foi convocado coa selección española.
  • A bitácora da semana (XXXVI): A bitácora de Martín Varela.
  • Martín Varela, protagonista dunha nova e xove reportaxe.
  • Fonte