Martín Varela alcanzou as semifinais en Valencia e xa pensa no Master
08:00 12/11/10
O cormelán Martín Varela, integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés e patrocinado por Ergosaude Equipamento Xeriátrico Clínico, Apligasa e Deceuninck competiu este pasado fin de semana no Open 500 de Valencia.
Martín Varela regresaba á competición logo de superar unha lesión nun ombreiro que o tivo afastado das canchas desde o pasado mes de xullo. A súa intención é preparar con garantías a última cita importante do ano, que é o Máster Nacional, que se disputará o próximo mes de decembro e que pecha a campaña 2010.
En Valencia, o cormelán partía como cuarto cabeza de serie, xa que a súa inactividade estes meses fíxolle perder varios postos no ranking nacional. En cuartos superou ao andaluz Ramos por un dobre 6-3, 1-6 e 10- 4 nun tike break rápido.
Xa en semis enfrontouse á gran revelación da tempada, o mozo madrileño Dani Caverzaschi. Martín realizou un bo partido aínda que a falta de ritmo fíxose notar ante un xogador que leva todo o ano competindo, tanto en torneos nacionais como internacionais. Varela caeu por un dobre 6-1 nun moi bo partido do madrileño que ao cabo acabaría conseguindo o título.
Vindeira cita
Antes do Master, o cormelán collerá ritmo esta fin de semana no Open de Tenerife. Onte xoves chegaba a terras tinerfeñas para realizar un par de adestramentos antes de comezar hoxe venres a competición.Novas relacionadas
- Martín Varela volve ás pistas tras 3 meses de lesión e busca a Paraolimpiada.
- Martín Varela é todo un exemplo de deportista con Moito Valor.
- Martín Varela continúa rodándose en torneos internacionais.
- Martín Varela gaña o Open de Huesca e dous novos patrocinadores.
- Martín Varela non puido na final do Open de Cataluña co nº28 do mundo.
- Un cormelán na Copa do Mundo.
- Martín Varela prepara a Copa da Mundo en Israel.
- Martín Varela iniciou a campaña internacional preparando a Paraolimpiada.
- Martín Varela comeza ben a tempada ata en terra batida.
- O cormelán Martín Varela comeza a tempada ca selección española .
- Martín Varela reafírmase no Master como un dos mellores tenistas de España.