Miriam Domínguez consigue o pase ao Estatal

Miriam Domínguesz conseguiu o seu pase para o Campionato Estatal

Durante os días 28, 29 e 30 de outubro 11 xogadores de tenis de mesa da comarca desprazáronse ata Lalín para participar no torneo zonal que inclue as comunidades de Pais Vasco, Cantabria, Asturias, Castela-León e Galicia.

A pesar do gran nivel de xogo mostrado por todos e de que 5 pasaron as fases finais (Brais Blanco, Ana García, Miriam Domínguez, Mateo Cousillas e Álvaro Pérez), só Miriam Domínguez conseguiu a clasificación para disputar o torneo Estatal de Valladolid e que era o obxectivo perseguido por todos.

A comarca estivo representada en numerosas categorías, acompañados polo adestrador Miguel Rey: