Miriam Domínguez consigue o pase ao Estatal


Durante os días 28, 29 e 30 de outubro 11 xogadores de tenis de mesa da comarca desprazáronse ata Lalín para participar no torneo zonal que inclue as comunidades de Pais Vasco, Cantabria, Asturias, Castela-León e Galicia.
A pesar do gran nivel de xogo mostrado por todos e de que 5 pasaron as fases finais (Brais Blanco, Ana García, Miriam Domínguez, Mateo Cousillas e Álvaro Pérez), só Miriam Domínguez conseguiu a clasificación para disputar o torneo Estatal de Valladolid e que era o obxectivo perseguido por todos.
A comarca estivo representada en numerosas categorías, acompañados polo adestrador Miguel Rey:
- Benxamín masculino (Mateo Cousillas).
- Benxamín femenino (Laura García).
- Alevín femenino (Tatiana Recarey e Lara Romero).
- Alevín masculino (Miguel Romero).
- Infantil masculino (Raúl López).
- Infantil femenino (María Castro).
- Xuvenil masculino (Brais Blanco e José Ángel Lado).
- Xuvenil femenino (Ana García e Miriam Domínguez).
- Sábado 4 de novembro:
- 1ª División Galega: Vilagarcía Tenis de Mesa – AD Zas Construcciones Cernadas as 17 h. en Vilagarcía.
- 2ª División galega (No ximnasio do CPI de Zas a partir das 16’00 h.): AD Zas Dimobel Bazar Baio – Hípica Coruña ás 16’00 h.; AD Zas O Pinar - Hípica Coruña ás 18’00 h; VTM Pinturas Figueiras- Oroso TM Trastes ás 16’00 h.; VTM Pizzeria Hilton – Oroso Peluquería Tije ás 16’00 h.; VTM Pinturas Figueiras – Oroso Peluquería Tije ás 18’00 h.; VTM Pizzería Hilton - Oroso TM Trastes ás 18’00 h..
- 2ª División galega (ás 16’00 h. no ximnasio do CPI de A Baña): SD A Baña – Arteal “B”; Concello de Santa Comba – Arteal “B” ás 18’00 h. - Domingo 5 de novembro:
2ª División Nacional: MERCANTIL VIGO TENIS DE MESA – AD ZAS PONCIANO NIETO, as 10’00 h. en Vigo. - Mazaricos e Santa Comba dan un paso adiante na 1ª Galega do tenis de mesa.
- Os momentos críticos, entre os deberes do tenis de mesa soneirán.
- Nivel Nacional para os equipos do tenis de mesa costeiro.
- Foto histórica na estrea en 2ª Nacional para o AD Zas Ponciano Nieto.
- Setembro 2017: Zas acolle un curso de árbitros de tenis de mesa:
- A selección Galega de tenis de mesa concéntrase por primeira vez na Costa da Morte
- O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa.
- Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial.
- Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
- O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Stevo Lema.
Vindeira cita
Este sábado hai xornada completa no ximnasio do CPI de Zas con 6 encontros, pois os equipos de Vimianzo terán que usar o ximnasio de Zas por ter o pavillón vimiancés con outras ocupacións. Asimesmo tamén no ximnasio de A Baña se dispurán os dous encontros e así facilitar o desprazamento ao equipo rival.
Por outra parte o AD ZAS Construcciones Cernadas desprazarase a Vilagarcía co obxectivo de acadar a súa primeira victoria na liga.
Xa o domingo os de AD Zas Ponciano NIeto terán que madrugar pois as 10 da maña empezará o seu encontro contra os do Mercantil de Vigo, é este un dos partidos para empezar as vitorias nesta segunda división nacional.
Estes son os horarios: