Muxía volve convertirse no centro do xadrez costeiro

Volve a tempada de xadrez á Costa da Morte, e volve, como non, dende Muxía. O Club Xadrez Cabo Touriñán xa prepara o I Torneo Aberto Concello de Muxía-Fin do Camiño sub-2200 para os vindeiros 11 e 12 de outubro de 2014 no Centro Social da vila da Barca.

Todos os amantes deste senlleiro deporte volven ter cita para medir as súas privilexiadas mentes, despois de que o ano pasado a Costa da Morte se convertise no epicentro mundial do xadrez, cos eventos armados nos Faros da bisbarra.

Haberá premios no torneo, cun total de 550€ a repartir entre os mellores clasificados.

Máis información e inscricións

Xa poden inscribirse (xeral 15€, sub-14 e xogadores locais 10€), a través do mail xadrezmuxia@hotmail.é e tfno.620 039 243, ata o día 10 de outubro, máximo 50 xogadores.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).