Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Coñecendo mundo a través do xadrez

Coñecendo mundo a través do xadrez
O pequeno muxian Kevin Carballo Sandoval no Campionato de Espana de Xadrez

Alá foi, nada menos que a Granada. O pequeno Kevin Carballo Sandoval acodía a disputar o Campionato de España de Xadrez, unha vez que se clasificaba o ao quedarsubcampión galego sub-8 hai uns meses. Acodía acompañado polo presidente do clube de Xadrez Cabo Touriñán Santiago Pérez e mailo fillo, e foron 3 días intensos sen parada entre a piscina e o xadrez.

Como nos conta o propio Santi, Kevin empezou moi ben gañando 3-3 pero o segundo día afloxou un pouco perdendo 2. Aínda estaba ben situado para competir polos postos altos, pero na terceira xornada empatou unha partida que tiña gañada sobradamente, e provocou que para a última fose un pouco desmotivado psicoloxicamente. "Hai que ter en conta que ese dia almorzara magdalenas con bacon, e xa se notaba que estaba algo descentrado dende primeira hora do dia", bromea Santi.

Así, ao final quedou no posto 40º entre os 120 rapaces que participaban chegados de toda a xeografía española.

"O que si gañou con diferencia a todos os rapaces foi en salto de bomba na piscina e no bufet libre poida que fose o que máis innovou coas combinacións posibles de comida. Toda unha experiencia que lle vai servir para máis adiante, pois aínda ten só 7 anos e moito que aprender", valora Santi. I é que non hai nada como saír e ver mundo, e se podes compartir as experiencias cos xa amigos, compañeiros galegos como Martin, Juan Manuel, Pablo ou Laura, moito mellor.

Dende aquí só podemos felicitar ao pequeno Kevin, así como aos Santiagos por arrincar e levar ao pequeno a ampliar miras. Gran traballo do Clube de Xadrez Cabo Touriñán.

O pequeno muxian Kevin Carballo Sandoval no Campionato de Espana de Xadrez Kevin cos pequenos galegos no Campionato de Espana de Xadrez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios