Venres. 29.03.2024
El tiempo

A semente do xadrez prende en Muxía que xa conta con dous clubes

A semente do xadrez prende en Muxía que xa conta con dous clubes
Doble clube de Xadrez en Muxia-Circulo de Xadrez Muxia e Cabo Tourinan

Impresionante como está prendendo a semente do xadrez en Muxía. A vila da Barca conta xa con 2 clubes, i é que ademais do Clube de Xadrez Cabo Touriñán, armadanzas do recentemente rematado Circuito de Xadrez Costa da Morte, vimos de coñecer a creación do "Círculo Xadrez Muxía".

Así nolo conta a súa presidenta Lucía Cabanillas, unha das creadoras do clube o pasado mes de setembro de 2012. O local do Círculo está situado na Escola Municipal dos Muíños, onde ademais de estudiar cos métodos máis avanzados da zona, tamén paran e pensan a xogada.

A propia Cabanillas cóntanos que "a paixón polo xadrez en realidade naceu uns cantos anos antes, posto que o capitán do noso equipo, 1º taboleiro e adestrador (3 en 1) empezou aos 18 anos a xogar ao xadrez e tipo o privilexio de xogar en todalas categorías mesmo en División de Honra, e ademais foi campión da zona Norte de Ferrolterra na década dos 90". Agora, ademais de competir tamén dan clases de xadrez para todas as idades e niveis.

O clube está inmerso no seu primeiro ano de competición, na 3ª División da Liga Galega, a mesma categoría na que compiten os seus veciños. De feito, o pasado 26 de xaneiro celebrouse o primeiro "derbi" xadrecístico muxián co Cabo Touriñán, acadando un resultado de 3´5 - 0´5 a favor do Círculo.
Así, tras esta vitoria o Círculo vai primeiro na Liga, con 13´5 puntos, a 2´5 puntos do 2º clasificado.

Xa están pensando na vila da Barca no vindeiro derbi, que terá lugar polo mes de marzo. Estaremos atentos.

Máis información

1ª Circuito de Xadrez Costa da Morte

Máis novas

Xadrez na Costa

Fonte

Comentarios