O ACB pecha o ano con vitoria

Celebrouse esta pasada fin de semana a última xornada do ano nas ligas de baloncesto nas que compiten os nosos representantes. E non o fixo mal, pois o ACB Costa da Morte colleitaba a súa segunda vitoria consecutiva. Os costeiros enfrentabanse na tarde do sábado o farolillo vermello da competición, que non entregou fácilmente os puntos e desputou o encontro ata o final.
Tamén gañaban os Junior, o seu primeiro partido da temporada. Pero as que non puideron pechar o ano en positivo foron as Junior, que sufriron unha amarga derrota ante o Compañía.

A xornada tivo a atención no derbi costeiro das cadetes do Basket Xiria e o ACB, que chegaba ata a prórroga e se decantaba do lado das bergantiñás.

Ademais, por Carballo, suman un balance positivo para os equipos do Artai, con cinco vitorias e catro derrotas. Gañaron os dous equipos junior, moi meritoria a dos xogadores de Javier Cotelo (66 a 45 fronte ao Branco Amor) que lles afasta dos postos baixos da clasificación e permítelles mirar para arriba. Tamén meritoria a vitoria do outro equipo junior (60 a 53 fronte ao CB Arteixo). Moi boa serie tamén a dos cadetes de Javi Varela (34 a 59 fronte a Narón) que lograban un novo triunfo na súa viaxe a terras ferrolanas. As que seguen na súa racha imaparable son as infantís de Fran Cristóbal (62 a 14 fronte aos Rosales); cinco de cinco e todas as vitorias por máis de corenta puntos. Para rematar, no derbi dos máis pequenos, impúxose a lóxica e gañaron os maiores, os de Artai Á os de Artai C.
Onde non foron tan ben os resultados foi en categoría infantil (derrota, 46 a 49 fronte a Mobles Vitoria) onde os de Iván volvéronse a quedar a un paso do triunfo. Tamén mala xornada en alevines, derrotas dos dous equipos, do mesmo xeito que os benjamines do Artai B no derbi fronte ao EB Xiria.

4ª División Sénior Masculina

  • Resultado: ACB Costa da Morte - SCD Castrillón (57-30)
  • Parciais: 12/11 - 14/2 - 14/13 - 17/4.
  • ACB: Déril (17,1 triple), Sergio (10, 1 Triple), Manu (4), Lucas (2), Diego (3, 1 Triple), Pais (8), Cristian (2), Nefri (2), Adrián (9), Luciano.

Os de Cee se presentaban con só a ausencia de Tinín por un proceso gripal e sen duda se notou a súa referencia no xogo interior, saíndo cun quinteto inicial baixo. Aínda así o equipo manteu a boa defensa dos últimos encontros e a base diso cimentaron un bo partido que sempre tiveron controlado con diferencias de dez e quince puntos.
No último cuarto os ceenses apretaron algo máis na presión a toda pista e conseguiron despegarse conseguindo a diferencia no marcador final.

Destacable bo partido de Sergio con gran acerto no tiro, e de Adrián e Cristian, sendo da categoría Junior, cada vez máis asentados na rotación do equipo. O equipo termina o ano de maneira inmellorable, con tres vitorias que o asentan na zona media-alta da táboa.

2ª División Junior Feminina

  • Resultado: E. S. BAZARRA ACB COSTA DA MORTE - COMPAÑIA DE MARIA (44-50)

Derrota amarga das Junior de do ACB Costa da Morte. O partido empezaba moi ben para as locais que chegaban o descanso cunha vantaxe de doce puntos. Esta vez o partido non ia ser tan plácido coma outras veces e cando as coruñesas apretaron a defensa e ca presión a toda pista conseguiron remontar o encontro no final do partido. Derrota para aprender a non confiarse ante un rival directo. Ainda asi as ceenses se manteñen no primeiro posto da clasificación.

2ª División Junior Masculina

  • Resultado: ACB COSTA DA MORTE - BASKET CORUÑA 98 B (47 -32)

Primeria vitoria da temporada do equipo junior, que despois dun mal inicio supose sobrepoñer ante un equipo sempre competitivo como e o equipo do Basket Coruña. Diego xogando de base foi o xogador máis destacado do encontro.

2ª División Cadete Feminina

  • Resultado: E.B. XIRIA LARACHA - ACB COSTA DA MORTE (42-39).

O derbi esta vez se desputaba na categoría cadete femenina e por suposto non defraudou. Partido igualadísimo de principio a fin que se decidiu no último minuto da prórroga, as locais gañaban de catro puntos pero as costeiras tiñan tres libres e posesión a favor para conseguir gañar o partido, pero esta vez a sorte non estivo do lado ceense e só conseguiron anotar un tiro e ainda que despois gozaron dun lanzamento de tres puntos esta vez non entrou. A boa nova para as ceenses foi a reaparición de Lucia, que consegue deixar atras unha larga lesión de dous meses.

2ª División Infantil Feminino

  • Resultado: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - CALASANCIAS (82-8).

Partido moi difícil para as pequenas do ACB Costa da Morte. Na mañá do domingo enfrontábanse en Coruña a un dos mellores equipos da liga. O partido comezou ben para as costeiras, durante os primeiros cinco minutos, donde só ían 6-2 para as coruñesas, pero a partir de aí os rápidos contraataques das locais e o cansancio deron o tanteador final. Moito traballo neste Nadal para o seu novo adestrador, Manuel Vázquez que se xogaran a primeira vitoria da temporada contra o Universitario de Ferrol B.

2ª División Infantil Masculina

  • Resultado: MARISTAS CORUÑA - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (27-35).
  • Partido igualado que souberon gañar os coruñeses nos últimos minutos despois de varias perdas de balón dos ceenses. Bo partido dos pequenos que estiveron apunto de sorprender ao lider da categoría.


    Familia Artai

    1ª División Junior Masculino, xornada 7

    • Resultado: CB ARTAI - BRANCO AMOR OURENSE (66-45).
    • Parciais: 14-8; 33-19; 43-32; 66-45.
    • CB ARTAI: Carlos(7) , Anxo (2), Marcos (3), Jorge (5), Xabi (5), Aitor (5), Dani, Manuel (9) Pablo Moreira (15), Enrique (6) e Jaime (6).

    Antes de comezar o partido, gardouse un minuto de silencio pola morte do pai do delegado, José Ramón Pereira e os xogadores luciron unha cinta negra nas súas camisetas en sinal de duelo.

    Terceira vitoria para os xogadores de Cotelo nun gran partido a nivel defensivo ante un dos equipos máis en forma da competición. Moi boa primeira parte dos carballeses, moi solidarios en defensa, sen deixar opcións claras aos xogadores rivais. Ademais, vían aro con facilidade e froito desa boa defensa e do ataque, os azuis íanse ao descanso catorce puntos arriba (33-19). Tralo descanso, no terceiro cuarto, as defensas primaron sobre os ataques e conseguir unha canastra era case imposible. Os ourensanos fixeron por remontar pero o último cuarto ( con 23 puntos dos locais) deixounos sen opción.

    2ª División Junior Masculino, xornada 8

    • Resultado: EB XIRIA - CB ARTEIXO (60-53).
    • Parciais: 15-24; 34-31; 44-47; 60-53
    • EB XIRIA: Diego (18), Xoel (20), Marcos (6), Javi, Mario (8)-cinco inicial-Fran, Alberto (4), Antonio(2), Iván (2) e Juan.

    Volvían os dous equipos á competición tralo fin de semana de parón pola Ponte da Constitución. Vitoria moi sufrida dos locais nun partido que se desenvolveu a rachas por parte de ambos equipos. Saíron máis centrados os de Fran Lozano, cun xogo máis fluído e aproveitando as vantaxes do seu mellor xogador, Pazos, autor de quince dos puntos do seu equipo nos dous primeiros cuartos.Tras estar nove puntos abaixo (15 a 24), o segundo cuarto foi para os locais, cun xogo máis coral, con seis xogadores repartiéndonse os puntos, iso si, os últimos dez do cuarto obra de Diego. A segunda parte comezou como a primeira, os visitantes volvían coller o mando do partido e a boa defensa local era incapaz de frear aos de Arteixo. Chegaron a irse de sete e as alarmas saltaron no banquiño local que ademais tiñan a varios xogadores ao bordo da eliminación (Diego, Xoel, Marcos e Antonio). Pero cando peor pintaba o partido, cando faltaban cinco minutos e os visitantes dominaban por cinco, a boa defensa local, o cansazo dos visitantes e os puntos de Xoel (dez no último cuarto) daban a vitoria aos locais.

    2ª División Cadete Masculino, xornada 7

    • Resultado: BALONCESTO NARÓN - CB ARTAI (34-59).
    • Parciais 14-14; 20-25; 26-42; 34-59
    • CB Artai: Jota (18), Pozas (4), Santi (2), Anxo (3), Adrián, Juan, Santi Rei, Javi López (5), Pablo Sueiro (6), Javi Souto (14), Lois (4) e Luciano (3).

    Quinta vitoria dos xogadores de Javier Varela quen xogaron un gran partido en Narón, sobre todo na segunda parte, para levarse un novo triunfo ao seu casillero de vitorias.

    1ª División Infantil Masculino, xornada 6

    • Resultado: CB ARTAI - MOBLES VITORIA O BARCO (46-49)
    • PARCIAIS: 13-13 16-14 9-10 8-12
    • CB ARTAI: Iván, José (2), Carlitos (9), Edu (3), Manu (14), Pérez (11), Rubén, Marco, Pablo (3), Mario (4), Javi.

    Ambos equipos saíron con todo, provocando un intercambio de canastras no primeiro cuarto que se resolvo cun 13-13 xusto, xa que non había un dominador no partido. No segundo período os locais atacaron con máis criterio e estiveron acertados desde media distancia. O Barco vivía da superioridade dos seus dous interiores que sacaban algo case sempre que recibían o balón. 16-14 pechouse o parcial para irnos a vestuarios 2 arriba.
    Sentoulle ben o parón aos azuis, que trala reanudación endosaron un parcial 7-0 aos ourensáns. Pero tras tempo morto visitante, os de Ou Barco pecharon mellor o aro e os acertos desde media e longa distancia que na primeira parte désenos a vantaxe non tivo continuación neste cuarto. O parcial quedo en 9-10, e deixaba todo aberto para o último cuarto.
    E último cuarto no que o cansazo, o desacerto en tiros libres e un enorme Hugo deixaron finalmente aos do cole sen a vitoria.
    No entanto, bo partido dos do cole. Moita intensidade e intelixencia en defensa e bo criterio en ataque a maior parte do partido. O seu maior pecado foi abusar tanto do triplo, ante unha defensa que lles deixaba tirar, con pouca posesión consumida.

    Novas relacionadas

    Fonte