mércores. 30.04.2025
El tiempo

Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais

Fin de semana completa para os equipos do basket comarcais
Partido do Artai

Repasamos unha xornada máis a actualidade do baloncesto, de sur a norte, da Costa da da Morte.

4ª División Sénior Masculina, xornada 1

  • Resultado: AD CALASANZ - ACB COSTA DA MORTE (66-25).
  • ACB: Lucas 5; Manu 6; Cristian 8; Déril 6; Sergio; Nefri; Luciano.
  • O único equipo do clube que xogaba esta semana da familia ACB, arrincaba a temporada 2014/2015 cun partido difícil fora da casa contra un rival que en teoría era superior e que na practica tamen o demostraou. O equipo acudía a Riazor cas baixas de todo o plantel interior, Pais e Tinín se perderon o partido por compromisos laborais, e Jose lesionado no partido amistoso contra Laracha. Esta circunstancia fixo que o adestrador tivese que convocar a Cristian e a Luciano do equipo junior.

    As baixas notáronse demasiado e aínda que o equipo dwu a cara na primeira parte cun tanteador igualado ó descanso, na segunda parte o equipo foise abaixo totalmente. Acabou arrasado pola actitude e sobre todo fondo de banquillo do equipo local cun tanteador na segunda parte de 40-8. A nota positiva foi o bo partido de Cristian, a única referencia interior deu a cara en todo momento.
    Este domingo ás 19:00h, no pavillón de Cee enfróntanse a Cambre buscando dar a súa mellor cara xa co equipo o completo.

    Sénior Masculino - 2ª División Provincial, Pretemporada

    Joaquin Moreira dando ao Carballo
    • Resultado: Carballo a un paso - CAB Obradoiro (51-57).
    • Parciais: 18-10 + 18.9 + 4-24 + 11-14.
    • Carballo a un paso: Sergio Tomé (19), José Castro Tato (10), Luis Gómez (6), Juan Fernández (6), Héctor Añón (4), Fran Cristóbal (4), Javier García (2), Rubén Pereira, Juan Herranz (júnior), Mario Lagoa (júnior)
    • CAB Obradoiro: J. Cal (11), L. Cobo, López de Ayala, A. García Campos (2), D. López (2), F. Reigosa (4), A Martínez (13), J. Capeáns, J. García-Bubadilla, P. Gömez (20), J. Rodríguez (2), J. Codesido (3).
    O partido de ensaio contra o CAB Compostela permitiu facer unha radiografía das debilidades do Carballo a un paso de cara ao inminente arranque da temporada 2014-2015 na 2ª División Masculina. Os homes de Basilio Pampín comezaron con forza, pero o saldo favorable dos dous primeiros cuartos só foi un espellismo. O equipo sénior da Escola Basket Xiria caeu contra os de Santiago por 51-57 nun encontro no que abundaron as imprecisións, faltou ritmo no movemento do balón, botáronse en falta máis agresividade e intensidade defensiva, tanto co marcador a favor coma en contra, e detectáronse un exceso de individualismo e lagoas a nivel táctico colectivo. O Carballo a un paso xogou ante o seu público o sábado no pavillón Vila de Noia. Despois dun primeiro parcial 18-10, a vantaxe a favor dos locais seguiu aumentando no segundo, que rematou cun 36-19 no marcador. Pero durou pouco a alegría, porque o CAB Compostela aproveitou os puntos fracos do rival conseguiu darlle un xiro de 180 graos ao partido. O terceiro cuarto rematou cun parcial de 40-43, pero, aínda que a diferencia parecía asumible, os xogadores carballeses non foron quen de remontar e acabaron perdendo por 51-57. O Carballo a un paso ten por diante uns días de moito traballo antes de debutar na cancha do Compañía de María o vindeiro sábado. Hai marxe de mellora, pero o equipo terá que traballar durante a semana para intentar atallar as súas debilidades e mellorar o aspecto mental en canto a concentración, capacidade de escoita e execución.

    Junior Masculino - 1ª División Provincial, xornada 1

    • Resultado: ESTUDIANTES DE PONTEVEDRA - CB ARTAI (84-70).
    • Parciais: 24-15, 43-35, 63-56 e 84-70.
    • CB ARTAI (15+20+31+14): Manu 13 (1t), Jorge 16 (2t), Marcos 4, Aitor 1 e Pablo Moreira 26 (4t) CINCO INICIAL- Melini 10, Estany e Jaime.
    Primeiro partido de liga para ambos equipos disputado na tarde do sábado no pabellón pontevedrés. Primeira derrota dos de Javier Cotelo que aguantaron o nivel do xogo e o marcador ata ben entrado o último cuarto, pero a escasa rotación, o só poder dispoñer de oito xogadores prexudicou as opcións de vitoria na cidade do Lérez. Do persoal junior non viaxaban Dani Otero (esguince no adestro do luns) ,Carlos (lesionado nas costas o mércores) e Xabi (motivos persoais). Completaban o persoal Enrique Melini e Anxo Estany, os dous xogadores do cadete de EB Xiria, quen viñan de xogar o seu partido de liga en Tui. Pese á escasa rotación e o cansazo dos efectivos dispoñibles, os carballeses fixeron un partido moi serio, competindo do teu ao teu mentres as forzas aguantáronlles. A derrota se fraguó no cuarto final, onde os locais fixeron valer a súa superioridade física Basket Xiria

    Junior Masculino - 2ª División Provincial, xornada 2

    • Resultado: EB XIRIA -BÁSQUET CORUÑA (80-47).
    • EB XIRIA (17+18+16+25): Diego (16), Iván, Mario, Antonio (13), Andrés (10)-cinco inicial-Fran (2), Javi (9), Juan (1), Alberto (8), Xoel (12), Marcos e Sergio (9).
    • Partido correspondente á segunda xornada de liga e primeiro do equipo na súa pista. Vitoria clara dos carballeses nun partido no que pese á vitoria volveron cometer numerosos erros ( 25 perdas de balón nos dous primeiros cuartos) e numerosos fallos desde a liña de persoal (menos do 40% de acerto ao final do partido). Menos mal que o rival da mañá do sábado tamén divos as súas facilidades e aínda que os locais non estaban demasiado finos en certas facetas do xogo, si que exhibiron outra vez a boa liña defensiva e non permitían ao rival chegar aos cincuenta puntos, ademais dun gran acerto desde a liña de tres (sete triplos). O peor do partido, unha nova lesión; si a semana pasada o que tiña que acudir ao hospital era Xoel, felizmente recuperado, no partido deste fin de semana era Marcos o que sufría un esguince de grado uno no seu tobillo dereito, tendo que acudir ao Hospital Quirón. Afortunadamente só estará unha semana de baixa. Os carballeses disputan o próximo fin de semana o derbi, contra o Cee

      Junior Feminino

      • Resultado: Santa María del Mar - EB Xiria Laracha (60-37).
      • EB Xiria Laracha: Pombo (4) Regueiro (13) Viña (16) Rodriguez (2) Suarez (2) Bello, Pena, Quintela, Lemos, Serrano, Pose, Lista, Rey.
      Primeiro partido de liga para as junior femininas. Grazas á vinculación dos clubs Carballo Basket Xiria e CB Laracha, conseguiuse competir a un bo nivel contra Santa María do Mar. Durante o primeiro cuarto, non se conseguiu mover o balón con soltura e as axudas defensivas chegaban moi tarde. Durante os dous seguintes cuartos, mellorouse moito defensivamente e ofensivamente, chegándonos a poñer a 4 puntos para empatar o partido. O cansazo fixo mella durante o último período e sumado a erros no rebote defensivo e a defensa en zona do rival, escapou un partido no cal quedaron moi boas sensacións e un gran esforzo por parte das nosas xogadoras. Toca seguir traballando e corrixir erros. Enhorabuena pola gran imaxe que se dió e a competitividad en cada minuto.

      Novas relacionadas

      Fonte

Comentarios