O AD Zas Ponciano Nieto confirmou o seu descenso pero Mazaricos e Cernadas manteñen a súa categoría

O AD Zas Construcciones Cernadas continuou en Lalín coa súa boa serie de resultados afianzando a súa categoría

Xornada positiva para o tenis de mesa costeiro en canto ao número de vitorias e derrotas nos equipos de tenis de mesa da comarca, 7 victorias por 4 derrotas. Pero ben seguro que se cambiaban todas por unha soa vitoria en 2ª nacional en Vigo a cal lles permitiría soñar coa permanencia, agora coa derrota nun resultado moi apretado de 4-3 xa non hai salvación posible pois tería que o AD Zas Ponciano Nieto gañar todos os encontros e que o resto non gañase ningún, algo imposible pois hai enfrontamentos entre eles. Unha mágoa pero a realidade é así de dura. Só queda a boa experiencia e o moito aprendizaxe que se tivo nesta liga.

Por outra banda, por fin recupera a liña das vitorias o Concello de Mazaricos e tamén o AD Zas Construcciones Cernadas continúa coas vitorías. Os dous equipos confirmaron a súa permanencia na 1ª.

En 2ª Galega, vitoria sorprendente de SD A Baña ante o Oroso TM Peluquería Tije ao que tamén gañou Santa Comba e que lle permite a estes manterse no 2º posto da táboa. Ademais contundentes as vitorias de AD Zas Dimobel Bazar Baio e VTM Pinturas Figueiras angte o Recreo cultural de A Estrada e Hípica Coruña respectivamente, no caso dos de Zas e a primeira vitoria a un equipo que non sexa do clube. E os de Vimianzo seguen na súa progesión.

Finalmente, en 2ª Nacional Feminina volveron a perder as nosas contra as de Monteporreiro pero dando a impresión de que esto vai cambiar pronto, pois os sets son cada vez máis igualados.

 

2ª División Nacional Masculina