O AD Zas Ponciano Nieto confirmou o seu descenso pero Mazaricos e Cernadas manteñen a súa categoría


Xornada positiva para o tenis de mesa costeiro en canto ao número de vitorias e derrotas nos equipos de tenis de mesa da comarca, 7 victorias por 4 derrotas. Pero ben seguro que se cambiaban todas por unha soa vitoria en 2ª nacional en Vigo a cal lles permitiría soñar coa permanencia, agora coa derrota nun resultado moi apretado de 4-3 xa non hai salvación posible pois tería que o AD Zas Ponciano Nieto gañar todos os encontros e que o resto non gañase ningún, algo imposible pois hai enfrontamentos entre eles. Unha mágoa pero a realidade é así de dura. Só queda a boa experiencia e o moito aprendizaxe que se tivo nesta liga.
Por outra banda, por fin recupera a liña das vitorias o Concello de Mazaricos e tamén o AD Zas Construcciones Cernadas continúa coas vitorías. Os dous equipos confirmaron a súa permanencia na 1ª.
En 2ª Galega, vitoria sorprendente de SD A Baña ante o Oroso TM Peluquería Tije ao que tamén gañou Santa Comba e que lle permite a estes manterse no 2º posto da táboa. Ademais contundentes as vitorias de AD Zas Dimobel Bazar Baio e VTM Pinturas Figueiras angte o Recreo cultural de A Estrada e Hípica Coruña respectivamente, no caso dos de Zas e a primeira vitoria a un equipo que non sexa do clube. E os de Vimianzo seguen na súa progesión.
Finalmente, en 2ª Nacional Feminina volveron a perder as nosas contra as de Monteporreiro pero dando a impresión de que esto vai cambiar pronto, pois os sets son cada vez máis igualados.
2ª División Nacional Masculina
- Resultado: Helios Bembrive TM – AD Zas Ponciano Nieto (4-3)
- Resultado: SD A Baña - AD Zas Restaurante Soneira (0-3).
- Resultado: AD Zas Restaurante Soneira – Monteporreiro (0-3).
- Resultado: SD A Baña - Monteporreiro Promesas (1-3).
- Resultado: Concello de Mazaricos – Arteal “A” (4-2).
- Resultado: CTM Lalín “B” – AD Zas Construcciones Cernadas (2-4).
- Resultado: SD A Baña - Oroso Peluquería Tije (4-3).
- Resultado: Concello de Santa Comba – Oroso Peluquería Tije (4-2).
- Resultado: Arteal “B” – AD Zas O Pinar (4-0).
- Resultado: Hípica Coruña – VTM Pinturas Figueiras (1-4).
- Resultado: Recreo Cultural de A Estrada – AD Zas Dimobel Bazar Baio (0-4).
- Fin de semana de derbis no tenis de mesa costeiro.
- Unha decepcionante derrota deixa ao Ponciano Nieto preto do descenso.
- O AD Zas Aluminios Xeal acariña o ascenso a toda unha División de Honra.
- Fantástica experiencia vital de tres xogadoras costeiras no Campionato de España de tenis de mesa.
- A sorte non lle sorríu á familia do tenis de mesa costeira.
- O AD Zas suma e sigue.
- O tenis de mesa colle forzas en Zas
- Os equipos de tenis de mesa da comarca continúan a mala racha
- O AD Zas retoma as competicións de tenis de mesa
- Zas vivíu unha intensa fin de semana de tenis de mesa
- O tenis de mesa costeiro colle experiencia nacional.
- A gran familia do tenis de mesa da Costa da Morte segue medrando.
- O tenis de mesa costeiro deixou alto o pavillón no Torneo de Oleiros.
- Elas teñen a senda.
- Con mala sorte preparando o Torneo de tenis de mesa para o Nadal.
- Un final de infarto deu unha das poucas alegrías da fin de semana de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez consigue o pase ao Estatal.
- Mazaricos e Santa Comba dan un paso adiante na 1ª Galega do tenis de mesa.
- Os momentos críticos, entre os deberes do tenis de mesa soneirán.
- Nivel Nacional para os equipos do tenis de mesa costeiro.
- Foto histórica na estrea en 2ª Nacional para o AD Zas Ponciano Nieto.
- Setembro 2017: Zas acolle un curso de árbitros de tenis de mesa:
- A selección Galega de tenis de mesa concéntrase por primeira vez na Costa da Morte
- O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa.
- Zas acolleu a gran festa do tenis de mesa provincial.
- Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas.
- O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Stevo Lema.
Que mágoa neste encontro igualado contra outro dos equipos que ocupa praza de descenso, pero é que si tanto Gonchu coma Miguel Rey rematasen ben os seus primeiros partidos donde se puxeron dous sets a cero, estaríamos falando agora doutro xeito totalmente diferente. Como se di múltiples veces a ”can fraco todo son pulgas” e así ao que ocupan a derradeira praza nunca vai ter a sorte de cara. Do que podía ser un 0-4 para os zaseiros convertiuse nun 3-3 e a xogar o partido de dobres no que os locais se impuxeron de forma clara.
En todo caso, cómpre darlle un notable alto a todos os xogadores do AD Zas Ponciano Nieto pois demostraron que saben loitar ata o ultimo punto a pesar das adversidades.
2ª División Nacional Feminina

Nuns partidos moi igualados impuxeronse sempre as de Monteporreiro as de Zas e A Baña, so salvou o honor Alba Pérez ao gañarlle a Mariña García. Todas son moi novas e terán tempo de volverse a enfrentar e os entrenamentos dirán quen o fai mellor. O positivo é que hai canteira femenina neste deporte.
1ª División Galega
Por fin unha vitoria do Concello de Mazaricos despois dunha racha negativa de derrotas imprevistas, conseguindo así a permanencia na 1ª Galega para o vindeiro ano ao igual que o AD Zas Construcciones Cernadas que tamén se tomou a revancha do partido de ida (3-4) agora a desfrutar dos encontros que quedan sen presión algunha. Nos enfrontamentos individuais a resaltar os que tiveron José e Javi contra Fabian Arnejo ampliado no dobre e no que so Javi saiu airoso. Moi ben Raúl López en Lalín onde volveu a gañar os tres partidos que xogou, leva unha boa serie de resultados e esto debe valerlle para ir con moitos ánimos ao campeonato galego de Semana Santa. Luis Ferreira volveu a tropezar contra outro xogador de menor nivel pero con gomas raras para el e atragantanselle, de momento. Bo debut de Manuel J. Castro na categoría, no obtivo bo resultado pero enfrente estaba o número un dos rivais.
2ª División Galega

Moi ben os de SD A Baña dando a sorpresa da xornada ao imponerse aos de Oroso e despois remataron a tarde os de Santa Comba coa vitoria tamén sobre os de Oroso e así mantéñense nesa loita polo 1º posto, que terán difícil, e que daría o ascenso directo a 1ª Galega. Os de Vimianzo impuxéronse claramente aos coruñeses da Hípica e colócanse no medio da táboa e con ánimos e moitas esperanzas para o vindeiro ano de conseguir algo mellor.
Ademais, primeira vitoria do AD Zas Dimobel Bazar Baio contra equipos que non son do clube, pois só lle gañaran aos de O Pinar, pero tanta insistencia tiña que dar os seus froitos.