O Balonmán Camariñas, novo campión da 1ª Autonómica
O soño cumpliuse, e o Camariñas se proclamó campión da 1ª Autonómica, con todo merecemento, gañando con autoridade na casa do seu máis directo rival, que ademais no histórico da competición, o Bueu contaba por vitorias os enfrontamentos co Club Balonmán Camariñas Conservas Boya.
Impresionante o que vivíu en Bueu o pasado sábado a afección camariñá. Varias ducias de siareiros, en 3 autobuses e varios coches particulares, desprazábanse para disfrutar desta data histórica. A expedición non deixou de animar en ningún momento aos seus, e os xogadores do Balonmán Camariñas Conservas Boya dérono todo para entrar na historia.
I que é realmente simbólico que unha vila de apenas 3.000 habitantes se convirta en campión da 1ª Autonómica do Balonmán galego. Agora, os conserveiros xa pensan na Fase de Ascenso á 1ª Nacional.. Fase, que como vemos abaixo se disputará en Camariñas.
A consecución do campionato vén a se unha demostración do estado de saúde do balonmán costeiro. Porque en Carballo están igual, e o Calvo Xiria afronta a Fase de Ascenso á División de Honor, a máxima categoría por debaixo da Asobal.
Datos do encontro
- Resultado: Bueu Atlético, 29 - Conservas Boya Balonmán Camariñas, 33.
- Conservas Boya: Lalá (p), Víctor (p), Alán (2), Fary, Diego Alonso, Felipe (4), Quin (7), Canedo (8), Moncho (3), Salva, Catalán (8), Jose Ramón (2), Xabi, Perón (6).
A explosión de xúbilo veu ao final dun partido que puxo moi serio o equipo visitante, poñéndose por diante no marcador a partir do minuto 5, e con excelentes paradas do porteiro Víctor. Foise distanciando aos poucos ata que nos minutos finais gañaba o Camariñas de 6, (27-33).
Recibimento en Camariñas
A maioría dos seguidores acompañou ao equipo ata Camariñas, que chegou ás 12 da noite, onde foi recibido na praza de San Jorge co son do claxon dos coches, durando a festa ata altas horas da madrugada.
Fase de Ascenso
Xa se coñecen os rivais do Balonmán Camariñas no Sector "A" da Fase de Ascenso á 1ª Nacional, que por sorte disputarase no Pabellón Municipal “O Areal” de Camariñasos vindeiros días 6, 7 e 8 de maio. Os equipos participantes serán:
- 1.- Campeón de Galicia (C.Bm. Camariñas Conservas Boya)
- 2.- Campeón de Extremadura (Bm. Plasencia)
- 3.- Campeón de Canarias (Universidad de La Laguna – Tenerife)
- 4.- Campeón de Castilla y León (P.C. Salamanca)
Fase de Ascenso tamén en Carballo
E como dicimos, o balomán costeiro está de noraboa xa que a familia do Xiria atópase nun dos seus mellores momentos da historia. O Balonmán Xiria disputará a fase de ascenso á División de Honra Prata, que se disputará os días 29 e 30 de maio e 1 de abril. O Calvo Xiria quedou encadrado no Grupo II que terá a súa sede en Segovia.
O Calvo Xiria, subcampión do Grupo A de 1ª División Estatal, deberá loitar co Ángel Ximénez Puente Genil, campión do Grupo D, co Bm Nava Caja Segovia, subcanpión do Grupo B e equipo organizador, e co Institut Balmes UE Sarriá, campión do Grupo D. Na outra sede, en Xixón, competirán Medicentro Gijón, Cajasol PAN Moguer, Hadbol Bordils e Amenabar Zke.
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas do título do Conservas
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.