mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Balonmán Camariñas, novo campión da 1ª Autonómica

O Balonmán Camariñas, novo campión da 1ª Autonómica

O soño cumpliuse, e o Camariñas se proclamó campión da 1ª Autonómica, con todo merecemento, gañando con autoridade na casa do seu máis directo rival, que ademais no histórico da competición, o Bueu contaba por vitorias os enfrontamentos co Club Balonmán Camariñas Conservas Boya.
Impresionante o que vivíu en Bueu o pasado sábado a afección camariñá. Varias ducias de siareiros, en 3 autobuses e varios coches particulares, desprazábanse para disfrutar desta data histórica. A expedición non deixou de animar en ningún momento aos seus, e os xogadores do Balonmán Camariñas Conservas Boya dérono todo para entrar na historia.

I que é realmente simbólico que unha vila de apenas 3.000 habitantes se convirta en campión da 1ª Autonómica do Balonmán galego. Agora, os conserveiros xa pensan na Fase de Ascenso á 1ª Nacional.. Fase, que como vemos abaixo se disputará en Camariñas.

A consecución do campionato vén a se unha demostración do estado de saúde do balonmán costeiro. Porque en Carballo están igual, e o Calvo Xiria afronta a Fase de Ascenso á División de Honor, a máxima categoría por debaixo da Asobal.

Datos do encontro

  • Resultado: Bueu Atlético, 29 - Conservas Boya Balonmán Camariñas, 33.
  • Conservas Boya: Lalá (p), Víctor (p), Alán (2), Fary, Diego Alonso, Felipe (4), Quin (7), Canedo (8), Moncho (3), Salva, Catalán (8), Jose Ramón (2), Xabi, Perón (6).

A explosión de xúbilo veu ao final dun partido que puxo moi serio o equipo visitante, poñéndose por diante no marcador a partir do minuto 5, e con excelentes paradas do porteiro Víctor. Foise distanciando aos poucos ata que nos minutos finais gañaba o Camariñas de 6, (27-33).

Recibimento en Camariñas

A maioría dos seguidores acompañou ao equipo ata Camariñas, que chegou ás 12 da noite, onde foi recibido na praza de San Jorge co son do claxon dos coches, durando a festa ata altas horas da madrugada.

Fase de Ascenso

Xa se coñecen os rivais do Balonmán Camariñas no Sector "A" da Fase de Ascenso á 1ª Nacional, que por sorte disputarase no Pabellón Municipal “O Areal” de Camariñasos vindeiros días 6, 7 e 8 de maio. Os equipos participantes serán:

  • 1.- Campeón de Galicia (C.Bm. Camariñas Conservas Boya)
  • 2.- Campeón de Extremadura (Bm. Plasencia)
  • 3.- Campeón de Canarias (Universidad de La Laguna – Tenerife)
  • 4.- Campeón de Castilla y León (P.C. Salamanca)

Fase de Ascenso tamén en Carballo

E como dicimos, o balomán costeiro está de noraboa xa que a familia do Xiria atópase nun dos seus mellores momentos da historia. O Balonmán Xiria disputará a fase de ascenso á División de Honra Prata, que se disputará os días 29 e 30 de maio e 1 de abril. O Calvo Xiria quedou encadrado no Grupo II que terá a súa sede en Segovia.
O Calvo Xiria, subcampión do Grupo A de 1ª División Estatal, deberá loitar co Ángel Ximénez Puente Genil, campión do Grupo D, co Bm Nava Caja Segovia, subcanpión do Grupo B e equipo organizador, e co Institut Balmes UE Sarriá, campión do Grupo D. Na outra sede, en Xixón, competirán Medicentro Gijón, Cajasol PAN Moguer, Hadbol Bordils e Amenabar Zke.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas do título do Conservas

  • A un paso do título e da Fase de Ascenso.
  • 2 finais para completar o soño do Balonmán Camariñas.
  • O Balonmán Camariñas cumple e mantén o liderato.
  • O Balonmán Camariñas retoma a loita polo ascenso.
  • O soño do Balonmán Camariñas segue en pé.
  • Un empate con sabor a vitoria mantén ao Conservas coas aspiracións de ascenso intactas.
  • A bestia negra frea ao Conservas Boya.
  • O Conservas Boya afianza o liderato e segue soñando.
  • A afección do Conservas Boya fai seguir soñando ao equipo camariñán.
  • O Balonmán Camariñas consegue a sorpresa da xornada e non renuncia a nada.
  • Empate amargo do Balomán Camariñas no seu debut na Liga polo título.
  • Bruno López deixa o banco do Balonmán Encaixe.
  • O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena.
  • O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal.
  • Máis novas

    Fonte

    • Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.

    Comentarios