O Balonmán Xallas alegra unha mala semana para Xiria e Camariñas

Segunda derrota pola mínima do Bm. Camariñas que non está tendo sorte nesta Liguilla polo Título. Os conserveiros caeron ante o SAR quedando algo algo descolgados dos primeiros postos.

En Carballo, presentábase no Vila de Noia un dos equipos de España que máis e mellor traballa coa súa canteira, o Ademar de León. Nas súas filas conta este ano ca participación de David García Pichel, carballés que recalou neste equipo logo da súa formación nas Escolas Balonmán Xiria froito do convenio firmado entre ámbolos dous clubs. E os leoneses levaron os puntos de volta, tras un choque moi igualado.

Pero comezamos o repaso á fin de semana en Santa Comba, que tras esta primeira experiencia na competición está mellorando moito.

Balonmán Xallas

Rematou o sábado a primeira fase da liga para o equipo cadete masculino do Balonmán Xallas. No seu primeiro ano de competición oficial, os rapaces acadaron a 7ª posición.

Na primeira volta os resultados tardaron en chegar. Os rapaces tiveron que acostumbrarse a un ritmo de competición que pronto verían que non lles quedaba tan grande como parecía no comezo. Acabou esta volta con só 3 vitorias e moitas leccións que se foron aprendendo partido tras partido.
Na segunda volta as cousas cambiaron. O equipo fixo un gran remate de liga puntuando nas 7 últimas xornadas consecutivas e conseguindo 12 dos 18 puntos que estaban en xogo. Esta gran segunda volta non foi suficiente para subir postos pero si para demostrarse moitas cousas a sí mesmos.

A vindeira fin de semana dará comezo a 2ª Fase, a Copa, na que se enfrontarán a outros 10 equipos en formato de liga todos contra todos a dúas voltas. Esperamos que o equipo cadetes conserve o bó ritmo e as boas sensacións dos último partidos e poida empezar ben a competición.

A que tamén rematou foi a primeira fase das ligas dos equipos femininos. O equipo infantil quedou 3º clasificado do seu grupo na División de Honra infantil feminino, ou Liga Autonómica. Pola súa banda, o equipo cadete quedou no 2º posto da 2ª División cadete feminina, na Liga Provincial.

1ª Autonómica, Fase polo título, xornada 8

  • Resultado: Balonmán Camariñas - SAR Plasticum Omnium (24-25).
  • Parciais: 9-8; 13-12 (descanso); 18-17; 24-23; 24-25.

Derrota pola mínima, e dura de dixerir para a familia conserveira. I é que foi un choque moi disputado, en contante tensión pero sempre co Camariñas un gol por diante. Só nos ultimos 5 minutos o SAR conseguiu anular o ataque local e darlle a volta ao marcador, unha vez que a falta de 6 minutos os palilleiros vencían por 24-23.

Queda agora o Conservas na 4ª praza, a 6 puntos do líder, o Vitaldent, a 4 puntos do propio SAR, e a 2 do Carballal.

1ª Estatal, xornada 19

  • Resultado: CALVO XIRIA - ULE ADEMAR (27-33).
  • Calvo Xiria 27 (12+15): Kike [p], Ramón (1), Jesús, Chimpo (9), Gonzalo, Manuel (6), Sergio -sete inicial- Jorge, Pablo (6), Dubra, Cuco (4), Calvete, Brais (1), Mario.
  • Marcador: 3-2, 5-6, 7-8, 9-9, 11-11, 12-14 (descanso); 14-17, 17-21, 19-24, 21-27, 24-28, 27-33 (final).

Moi boa entrada no Municipal Vila de Noia cuns 400 seareiros, incluído un pequeno grupo desprazado dende terras leonesas. Para abrir boca xogouse un interesantísimo partido xuvenil entre o Ifecgas Pereira Xiria e o Ademar León”A”, que se levou o conxunto leonés nos minutos finais. Logo deste inicio de tarde o Calvo Xiria tentou poñer táboas no particular duelo carballo-leonés do día.

O partido tivo dúas caras ben diferenciadas. Os primeiros trinta minutos non foron de dominio nin de un nin de outros, e as pequenas diferenzas no marcador eran rapidamente neutralizadas polo rival. Moitos goles nos primeiros dez minutos, froito dunhas defensas moi brandas que daban facilidades para chegar á liña de seis metros en clarísimas ocasións de gol. Máis por erros dos ataques, con moitas perdas, que acertos das defensa propiciaron que en vinte minutos o parcial fose de 7- 8, moi poucos goles para dous equipos cunha clara mentalidade ofensiva.

Pero o paso polos vestiarios no tempo de lecer non sentou igual aos dous equipos. O Ademar saíu máis entoado, con David sendo un xogador determinante neses intres. Polo contra o Calvo Xiria non atopa o seu sitio na pista, sen solucións en ataque e con pouca firmeza defensiva. Nos 20 primeiros minutos deste segundo acto o parcial de 9 – 13 deixaba todo moi favorable para os leoneses.

O equipo carballés tratou de tirar algo positivo da presión defensiva que fixo nos derradeiros dez minutos, pero as presas e a calidade individual do Ademar nestas situacións fixeron imposible unha remontada, na que tampouco puxo toda a intensidade necesaria o conxunto verdibranco. O peor partido do conxunto local no que vai de tempada, fora de sitio e con erros en todas al liñas, incluído as decisións dende o banquillo.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.