Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas rompe marcas e o Bm. Xallas ponse de longo

O Bm. Camariñas rompe marcas e o Bm. Xallas ponse de longo
O Bm Xallas en Cangas

Finalizou a primeira fase, co Bm. Camariñas lider do grupo B e coa mellor porcentaxe de todos os grupos, menos goleado, segundo máximo goleador e maior diferenza de goles. En Nadal sortéase o calendario, para empezar o 12 de xaneiro coa fase polo Título de Primeira división Autonómica de Balonmán.

Ademais, o Calvo Xiria pechou con vitoria a primeira volta e sobe ata unha cómoda 7ª praza a falta dun partido para rematar o ano.

Esta semana ademais servía para que todos os equipos da familia do Bm. Xallas se puxesen de longo.

1ª Autonómica, xornada 12

  • Resultado: Atlético Novás - Balonmán Camariñas (26-27).
  • BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (6), Marcos Bao (3), Iván Pan, Quin (1), Catalán (8), Jacob (1), Xabi (1), Damián (1), Fran Varela (4), Carlos Pereiro (2).

Presentouse o Camariñas no Rosal con moitas ausencias, ben por lesión, enfermidade ou traballo, non se puido contar neste último partido da primeira fase con Borja, Perón, Moncho, José Ramón e Antelo. E estas ausencias notáronse ao comezo do partido, pois na primeira parte gañaban os locais por 4 goles. Pero tras o descanso logo de recompor o equipo, e facendo este gala da súa boa preparación física, endosoulle aos rosaleiros un parcial de 8-16, que afundiu aos locais, aínda que ao final do partido puidesen maquillar o resultado.

Destacar o bo partido de Fari, Catalán e os porteiros por parte do Conservas Aboia. Polo Atético Novas só resaltar a súa excesiva dureza en defensa, que aínda que non se xogaban nada, nin uns nin outros, endureceron demasiado o partido, e os árbitros non superon parar os desfasados repuntes de dureza dos locais.

Clasificación final da 1ª Autonómica co Bm Camariñas líder

1ª División Estatal, xornada 13

  • Resultado: Calvo Xiria - Las Cinco Jotas Lavadores (28-23).
  • Calvo Xiria (14+14): Kike [p], Gonzalo (7), Jesús (3), Sergio (2), Chimpo (8), Manuel, Cuco (3) -equipo inicial- Iago [p], Ramón (1), Jorge, Mario, Dubra (4), Brais, Alex.

Remataba a primeira volta da liga de 1ª Estatal, e o rival non podía ser máis perigoso, xa que o conxunto de Lavadores foi quen de levar todos os puntos en xogo ante os carballeses nas dúas últimas tempadas. Esto unido as baixas xa coñecidas e a unha semana nada habitual de adestramento por mor da condensación na pista carballesa facía que o encontro fose de máxima tensión para o Calvo Xiria.

Non atopou o seu sitio no campo o conxunto carballés, que non era quen defender coma é habitual e no apartado ofensivo non tiña fluidez, demasiadas perdas de balón e pouco traballo colectivo. Foron minutos onde se mantivo no partido pola aportación de Kike na portería e de Chimpo no eido ofensivo. Pero con traballo e moita implicación de todos os compoñentes foi poñendo terra de por medio, para chegar ao descanso cun parcial de 14 – 11 favorable.

A saída dos vestiarios viuse un Calvo Xiria renovado no que todos aportaron para facer que en 6 minutos un parcial de 7 – 1 e deste xeito romper o partido. Dende ese intre dominou o ritmo do encontro. Nin as superioridades numéricas cas que contou no segundo acto Lavadores nin unha situación de catro contra seis foron suficientes para darlle aos vigueses opcións de levar algo positivo do Municipal Carballés. Foron trinta minutos nos que de novo a portería local, desta volta con Iago, estivo a un altísimo nivel e no que o conxunto e o traballo colectivo foi a clave destes dous puntos.

Mención especial á capacidade de resolución dende os 7 metros, no que Dubra conta por acertos os lanzamentos dos que dispuxo o Xiria, e xa van catro encontros sen erro.

Balonmán Xallas

A familia do Balonmán Xallas tivo xornada completa esta fin de semana, con varios estreos:

Liga Provincial Benxamín Mixta

  • Resultado: Punta del Este Xiria - Bm. Xallas (14-2/ 1-5/ 5-3/ 7-2).
  • Liga Provincial Alevín Mixta

    • Resultado: Ribadosar Delta - Bm. Xallas (9-6/ 6-8/ 5-6/ 13-2).

    Os máis pequenos comezaron a liga con toda a ilusión. Uns partidos nos que poideron desfrutar e nos que algún competiron por pimeira vez neste deporte. Non defraudaron no seu xogo. Estos rapaces de seguro que nos darán moitas alegrías na presente tempada.

    División de Honra Infantil Feminina

    • Resultado: Bm. Xallas - San Antonio (19-8)

    Unha nova vitoria para as nosas infantís, neste caso contra as Luguesas. Un bó partido das Xalleiras que seguen a traballar día a día na súa mellora e comezan a ter un bó ritmo de competición. Noraboa para elas e a seguir traballando duro.

    2ª Division Cadete Feminina Provincial

    • Resultado: Escolas Bm. Xiria - Bm. Xallas (16-18)

    Comezou tamén a liga para as nosas cadetes e con dous puntos no bolsillo. Un partido reñido no que as rapazas sacaron a garra necesaria para que non se lles escapara a victoria. Non foi nada doado pois o Xiria plantou cara ata o último minuto. Noraboa ós dous equipos polo partido.

    2ª División Cadete Masculina

    • Resultado: Bm. Cangas B - Bm. Xallas (29-28).

    Despois de ver o partido de ASOBAL entre o Frigoríficos Morrazo Cangas e o BM. Villa DE Aranda - Autocares Bayo viviuse outro partidazo no Gatañal. O encontro entre os equipos cadetes foi digno de ver. Un encontro moi igualado desde o primeiro minuto e ata o último. Chegouse o descanso cun 14-11 no marcador.

    Á volta do descanso os Xalleiros saíron con máis forza que nunca e puxeron o marcador 14-14 para comezar de novo o partido. Unha segunda metade excelente por parte dos dous equipos fíxonos vivir a todos os presentes momentos de emoción e desfrute. Finalmente a victoria foi para os locais. Unha victoria que podería levala calquera dos dous equipos despois do bó traballo realizado pero que se decidiu por pequenos erros ó longo do partido.

    Destacar o bó xogo de equipo mostrado polos nosos rapaces e a garra e motivación que mostraron durante os 60 minutos todos e cada un dos xogadores. Foi o mellor partido que xogaron na presente tempada e foi unha pena no culminala xornada conseguindo a victoria pero de seguro, que se seguen xogando así, as victorias chegaran. Unha vez máis noraboa aos infantís que se están adaptando moi ben a está liga e que cada día aportan máis e máis. Agora toca seguir traballando sen perder a ilusión porque os bos resultados chegarán si seguimos traballando duro. Noraboa rapaces!

    Vindeira cita

    • 1ª Autonómica Masculina: O 12 de xaneiro comeza a fase polo Título de Primeira división Autonómica de Balonmán.
    • 1ª Estatal: Logo de romper ante o Lavadores unha racha particular negativa que xa ía por dúas tempadas, lle queda ao Calvo iniciar a segunda volta o vindeiro sábado, tamén no vila de Noia ás 18:00, ante o Cangas nun importantísimo partido xa que logo virá un prolongado parón motivado polo Campionato do Mundo de Balonmán que se celebra en España e que fará que os carballeses non compitan máis ata o 2 de febreiro.

    Máis información

    Novas relacionadas

    Camariñas e Xiria suman de dous en dous.
  • Boa semana para os equipos de balonmán de Camariñas, Xiria e Xallas.
  • O Bm. Camariñas asalta o liderato.
  • O Bm. Camariñas asalta o liderato.
  • Boa semana para o balonmán en Camariñas.
  • O Bm. Camariñas saca o rodete mentres o Calvo acusou o madrugón.
  • Balonmán: 27-26.
  • O Bm Camariñas mantén o liderato.
  • Boa semana para o balonmán costeiro.
  • O FIOT de Carballo retrata o declive da sociedade actual.
  • Europa coñece a Experiencia Social Xiria.
  • Comeza a tempada de balonmán con torneos e asembleas.
  • O Balonmán une Camariñas.
  • Carballo: Isto é balonmán.

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.

Comentarios