O Bm. Camariñas vence pero non convence

O Boya recibía o pasado sábado no Areal ao Ribeiro Viña Costeira, e malia despregar un xogo mediocre, sacou un bo resultado. 2 punto que estrean o taboleiro conserveiro desta Liguilla polo Título da 1ª Autonómica Masculina.

Non é o mesmo este Bm. Camariñas tralo parón de Nadal, pero aínda está a tempo de recuperar. Hoxe xa o vemosna 4ª praza, só por detrás do Carballal, SAR e Bm. Pontevedra, que contan con dúas vitorias.

1ª Autonómica, xornada 12

  • Resultado: Balonmán Camariñas - Ribeiro Viña Costeira (28-23).
  • BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (1), Marcos Bao (4), Quin (4), Borja (6), Moncho (2), Catalán (10), Jacob, Damián, Antelo, Fran Varela (1), Pereiro.

Nada que ver o Camariñas da Primeira Fase, co que xogou o sábado no Pabellón Municipal O Areal. Custoulle entrar no xogo, perdeu moitos balóns ante un rival que tampouco se complicou demasiado. Ten moito que mellorar o Boya no xogo colectivo se quere aspirar a algo, ou polo menos recuperar o bo nivel ao que nos tivo afeitos na fase de clasificación. Hai moito marxe de mellora, pois a cota quedou moi alta, agora a pelexar máis e mellor que queda moita liga.

O Viña Costeira en todo momento deu a cara e Celso o seu xogador máis destacado conseguiu meterlle 13 goles á defensa menos goleada da liga. O fondo de banquiño do Camariñas permitiu chegar ao final do partido cunha vantaxe tranquilizadora.

Vindeira cita

O próximo sabado haberá que afrontar un difícil partido ante o Artai-Poio en Pontevedra, que determinará o estado de forma dos camariñáns. Os pontevedreses veñen de caer os dous partidos da Liguilla ante o líder, o Carballal, e o Bm. Pontevedra.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

  • Europa coñece a Experiencia Social Xiria.
  • O Balonmán une Camariñas.
  • Carballo: Isto é balonmán.
  • Fonte

    • Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.