O CDM Piragüismo Dumbría dá o nivel en Portugal
05 de marzo de 2018 (05:54 h.)
Ata a vila portuguesa de Vizela desprazouse unha expedición do CDM Piragüismo Dumbría, convidado polo club organizador da Copa Portuguesa de Slalom. E o cadro costeiro meteu a todos os seus depotristas nas finais.
En preliminares os resultados máis destacables foron o excelente 3º posto de Marco Oreiro en C1 senior e o de Alexia Canosa no K1 infanitil. Pola súa banda Marcos Sánchez era 7º e Fran Romar 11º no K1 cadete, e Brais Pérez 10º no K1 xuvenil. Fran Romar tamén era quen de pasar o corte na canoa cadete co 8º mellor tempo. Xa nas rondas finais, Marco Oreiro a pesar de facer unha boa competición e mellorar o seu tempo da ronda previa, só alcanzou un moi meritorio 5º posto final. O que si mellorou e moito a súa prestación na final foi Brais Pérez, que se clasificou non brillante 4º posto final entre os K1 xuvenís. Na categoría Infantil femenina Alexia Canosa se caiu do podium ó 4º posto e por último Marcos Sánchez, que nunca se sentiu a gusto na competición, e Fran Romar foron 8º e 14º no K1 cadete. En C1, Fran Romar repetiu na final o seu 8º posto da ronda preliminar.Ademais, o Alevín Martín Romar tamén acudía coma abridor á proba ralizando dúas mangas moi meritorias, e máis tendo en conta a dificultade do percorrido.
A fin de semana que vén, terá lugar en Tomiño a primeira proba da Copa Galega de Promoción, reservada as categorías dos máis pequenos do club, e só quince días máis tarde terá lugar a cita galega da Copa de España de Slalom en Mondariz.
Novas da tempada
Novas da tempada pasada
- Jorge Quintáns e Lorena Costa debutan na categoría xuvenil en Copa de España subindo ó podium.
- Setembro 17: O Piragüismo Dumbría volve con 4 medallas e un podium por equipos de Portugal.
- Jorge Quintáns e Iago Canosa amosan o seu poderío nunha proba nacional.
Artigos relacionados
Fonte
- Piragüismo Dumbría.