xoves. 01.05.2025
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría dá o nivel en Portugal

O CDM Piragüismo Dumbría dá o nivel en Portugal
Alexia en Vizela co CDM Piraguismo Dumbria Alexia en Vizela co CDM Piragüismo Dumbría Marco en Vizela co EDM Piraguismo Dumbria Marco en Vizela co EDM Piragüismo Dumbría

Ata a vila portuguesa de Vizela desprazouse unha expedición do CDM Piragüismo Dumbría, convidado polo club organizador da Copa Portuguesa de Slalom. E o cadro costeiro meteu a todos os seus depotristas nas finais.

En preliminares os resultados máis destacables foron o excelente 3º posto de Marco Oreiro en C1 senior e o de Alexia Canosa no K1 infanitil. Pola súa banda Marcos Sánchez era 7º e Fran Romar 11º no K1 cadete, e Brais Pérez 10º no K1 xuvenil. Fran Romar tamén era quen de pasar o corte na canoa cadete co 8º mellor tempo. Xa nas rondas finais, Marco Oreiro a pesar de facer unha boa competición e mellorar o seu tempo da ronda previa, só alcanzou un moi meritorio 5º posto final. O que si mellorou e moito a súa prestación na final foi Brais Pérez, que se clasificou non brillante 4º posto final entre os K1 xuvenís. Na categoría Infantil femenina Alexia Canosa se caiu do podium ó 4º posto e por último Marcos Sánchez, que nunca se sentiu a gusto na competición, e Fran Romar foron 8º e 14º no K1 cadete. En C1, Fran Romar repetiu na final o seu 8º posto da ronda preliminar.

Ademais, o Alevín Martín Romar tamén acudía coma abridor á proba ralizando dúas mangas moi meritorias, e máis tendo en conta a dificultade do percorrido.

A fin de semana que vén, terá lugar en Tomiño a primeira proba da Copa Galega de Promoción, reservada as categorías dos máis pequenos do club, e só quince días máis tarde terá lugar a cita galega da Copa de España de Slalom en Mondariz.

Novas da tempada

Novas da tempada pasada

Artigos relacionados

Fonte

  • Piragüismo Dumbría.

Comentarios