O Club Deportivo Costa da Morte foi premiado nos V Premios Galicia á Xestión Deportiva

O pasado venres celebrouse en Lalín a V edición dos Premios Galicia á Xestión Deportiva. Dito acto está organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), coa finalidade de distinguir a persoas e entidades que destacasen pola súa contribución ao desenrolo e excelencia da xestión deportiva na Comunidade Autónoma de Galicia.

O Club Deportivo Costa da Morte foi fundado no ano 2001 por un grupo de técnicos deportivos da comarca coa finalidade de traballar de maneira conxunta na organización de actividades deportivas dentro da nosa comarca, entre elas as Ligas LCFs, pero dende AGAXEDE decidiron que o Club Deportivo Costa da Morte era merecedor dun premio na categoría de “mellor estudo ou innovación” fundamentalmente polas seguintes propostas:

Pertencen a esta asociación atópanse os técnicos dos concellos de Fisterra, Corcubión, Cee, Carnota, Muxía, Dumbría, Vimianzo e Camariñas. E ata Lalín desprazáronse o presidente da entidade, Diego Castiñeira, e o tesoureiro, Víctor Santos para recoller o galardón. Entre os asistentes á gala destacaron personalidades do mundo do deporte coma Fernando Romay e Fernando Vázquez.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).