O Club do Mar e o Porteño, á final da Copa dos Veteranos

Fantástico choque entre Club do Mar e Zas nas semis da Copa de Veteranos-Foto-Modesto Chega a gran final da Copa da Costa de Veteranos. As semis déixannos dous finalistas, o Porteño e Club do Mar, que puideron cos Hosgran e Zas con grandes apuros, en dúas eliminatorias nas que non falrou a emoción. A gran final será este domingo ás 11:15 no campo do Carral, en Sofán despois do tradicional partido de Combinados da 1ª e 2ª División. Antes, repasamos como foron esas semis que meten ao 5º e ao 6º da liga na final copeira.

Hosgran - Porteño (1-3)

Héctor do Faro, do Porteño, un dos protagonistas do choque No campo dA piña este domingo viuse un gran partido copeiro, cun Porteño que viña convencido despois do 3-1 da ida, pero que tiña enfronte aos homes dos Gemelos que non ían dar a eliminatoria por perdida. O Porteño avisaba de inicio con dous tiros que Juan, porteiro do Hosgran, desviaba a córner con apuros. Pero a partir do m.10 o Hosgran tomou o mando, tocando ben no medio campo, con Dubra, e buscando sempre a Rubén arriba, e aproveitando a velocidade de Suso pola banda. Á media hora Ramos abría o marcador, cun 1-0 para o Hosgran, que co ritmo alto que estaba tendo o partido prevía grandes emocións. Rubén e Suso tiveron tres claras ocasións para o Hosgran antes do descanso, pero os homes de Baña aguantaron ata o descanso e saíron mellor na segunda. De feito, xa aos 5 minutos, David Toja facía o empate, un xerro de auga fría para os locais, que aínda así, se viñan arriba. Os espazos atrás eran aproveitados polo propio David Toja e por Héctor do Faro, que facía lucirse a Juan, un dos protagonistas da mañá dominical. Corría a hora de partido e Víctor facía de cabeza o 1-2, e pouco despois, Héctor do Faro completaba o seu partidazo cun gol tras unha fermosa xogada persoal. Aínda houbo tempo para unha expulsión pero o marcador non se movería.

Club do Mar - Zas (5-3)

Moitísimo público na grada do campo Xaviña de Buño durante a tarde do domingo para gozar dun verdadeiro partido de futbol, onde non faltaron os goles, algo que non disfrutara a xente co partido da selección española. O Zas pelexou dende o comezo, a pesar de que o Edgar adiantaba aos caioneses ao cuarto de hora, e Matías ampliaba a renda no m.25 cun gran tiro dende fóra da área. Pero cando parecía que xa estaba todo resolto e a eliminatoria decidida, apareceu o Zas que recurtaba un minuto máis tarde por medio de Braulio e empataba ao fío do descanso por medio de César, tras 20 minutos de gran xogo que, de non ser polo porteiro Chino e o central Roberto, provocarían máis goles. Na segunda metade a rapidez de Pichín e a calidade de Braulio puñan en apretos ao equipo de Caamaño. Chegaba unha inmellorable ocasión para o Zas, cun penalti que Chiño lle paraba a Braulio. Minutos despois o colexiado sinalaba outra pena máxima que Braulio, desta volta non perdoaba, poñendo a eliminatoria no límite. Peroa apareceiu Edgar, que puxo o buzo de traballo e en apenas 20 minutos marcou 3 goles, convertíndose no gran protagonista da noite, e levando ao seu equipo á final.
Edgar, clave no pase do Club do Mar á final

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-zas-necesitou-dos-penaltis-para-meterse-nas-semis-da-copa-da-costa-de-veteranos/