Martes. 08.10.2024
El tiempo

O Club do Mar e o Porteño, á final da Copa dos Veteranos

O Club do Mar e o Porteño, á final da Copa dos Veteranos
Veteranos nas Semis da Copa Fantástico choque entre Club do Mar e Zas nas semis da Copa de Veteranos-Foto-Modesto Chega a gran final da Copa da Costa de Veteranos. As semis déixannos dous finalistas, o Porteño e Club do Mar, que puideron cos Hosgran e Zas con grandes apuros, en dúas eliminatorias nas que non falrou a emoción. A gran final será este domingo ás 11:15 no campo do Carral, en Sofán despois do tradicional partido de Combinados da 1ª e 2ª División. Antes, repasamos como foron esas semis que meten ao 5º e ao 6º da liga na final copeira. CARTEL FINAL COPA da Costa Veteranos 2018

Hosgran - Porteño (1-3)

Hector do Porteno de Veteranos Héctor do Faro, do Porteño, un dos protagonistas do choque No campo dA piña este domingo viuse un gran partido copeiro, cun Porteño que viña convencido despois do 3-1 da ida, pero que tiña enfronte aos homes dos Gemelos que non ían dar a eliminatoria por perdida. O Porteño avisaba de inicio con dous tiros que Juan, porteiro do Hosgran, desviaba a córner con apuros. Pero a partir do m.10 o Hosgran tomou o mando, tocando ben no medio campo, con Dubra, e buscando sempre a Rubén arriba, e aproveitando a velocidade de Suso pola banda. Á media hora Ramos abría o marcador, cun 1-0 para o Hosgran, que co ritmo alto que estaba tendo o partido prevía grandes emocións. Rubén e Suso tiveron tres claras ocasións para o Hosgran antes do descanso, pero os homes de Baña aguantaron ata o descanso e saíron mellor na segunda. De feito, xa aos 5 minutos, David Toja facía o empate, un xerro de auga fría para os locais, que aínda así, se viñan arriba. Os espazos atrás eran aproveitados polo propio David Toja e por Héctor do Faro, que facía lucirse a Juan, un dos protagonistas da mañá dominical. Corría a hora de partido e Víctor facía de cabeza o 1-2, e pouco despois, Héctor do Faro completaba o seu partidazo cun gol tras unha fermosa xogada persoal. Aínda houbo tempo para unha expulsión pero o marcador non se movería.

Club do Mar - Zas (5-3)

Moitísimo público na grada do campo Xaviña de Buño durante a tarde do domingo para gozar dun verdadeiro partido de futbol, onde non faltaron os goles, algo que non disfrutara a xente co partido da selección española. O Zas pelexou dende o comezo, a pesar de que o Edgar adiantaba aos caioneses ao cuarto de hora, e Matías ampliaba a renda no m.25 cun gran tiro dende fóra da área. Pero cando parecía que xa estaba todo resolto e a eliminatoria decidida, apareceu o Zas que recurtaba un minuto máis tarde por medio de Braulio e empataba ao fío do descanso por medio de César, tras 20 minutos de gran xogo que, de non ser polo porteiro Chino e o central Roberto, provocarían máis goles. Na segunda metade a rapidez de Pichín e a calidade de Braulio puñan en apretos ao equipo de Caamaño. Chegaba unha inmellorable ocasión para o Zas, cun penalti que Chiño lle paraba a Braulio. Minutos despois o colexiado sinalaba outra pena máxima que Braulio, desta volta non perdoaba, poñendo a eliminatoria no límite. Peroa apareceiu Edgar, que puxo o buzo de traballo e en apenas 20 minutos marcou 3 goles, convertíndose no gran protagonista da noite, e levando ao seu equipo á final. Edgar do Club do Mar de Veteranos Edgar, clave no pase do Club do Mar á final

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-zas-necesitou-dos-penaltis-para-meterse-nas-semis-da-copa-da-costa-de-veteranos/

Comentarios