O Combinado da Costa volve á escena

Xa está todo listo. Esta tarde veremos de novo este equipazo. Será no Partido Solidario que se celebrará este martes 30 de decembro ás 20:30h en Fontenla, Santa Comba, diante do Coruxo, todo un equipo de 2ªB.

Manu Roque, nomeado Mellor Adestrador da Costa, acompañado por Óscar Leis, poderán contar cos seguintes xogadores:

  • Porteiros: Julián (XSC) e Pombo (Malpica).
  • Lateral Dereito: Rubén Forján (XSC) e Adrián (Malpica).
  • Lateral Esquerdo: Oscarín (XSC) e Pereiro (Zas).
  • Centrais: Aarón (XSC), Chúa (Outes), Iago (Dumbría) e Álex (Castriz).
  • Medios: Brais (Corme), Lucas (Corme), Jota (XSC) e Diego Cespón (Dumbría).
  • Interior Dereito: MC (Baio) e Alberto Recarey (Ponteceso).
  • Interior Esquerdo: Iván Rojo (Sofán) e Toniño (Corme).
  • Dianteiro: Javi Suárez (Baíñas), David Blanco (Zas), Adrián Makaay (Dumbría) e Juan de Dora(Dumbría).

Fila 0

E para que non poida achegarse ata Santa Comba, a organización abre a posibilidade de que todo aquel que queira poñer o seu gran de area para colaborar, o poida facer a través da Fila 0, do número de conta da Cruz Vermella Vimianzo:
  • Nº de conta: EUR 2080-0082-45-3040003688.

A entidade Ferroaltántica, que xa axudou na posta en marcha do combinado aló por xuño, xa anunciou que colaborará aportando fondos. Esperemos que outras entidades tamén o fagan.
Ademais, outras persoas, a título persoal, xa fixeron a súa aportación, como é o caso do gran Luís Porto.

Sorteos

E para intentar darvos máis argumentos para vir a Fontenla, teremos varias camisolas asinadas polas grandes estrellas da Liga para sortear no descanso. Falamos de camisetas do Deportivo, Mallorca, Real Madrid ou Atlético de Madrid, cedidas por xentes como o bo de Manolo Martín, ou a Fundación Atlético de Madrid, que aínda ten aberto o prazo de inscrición da súa escola de tecnificación de Dumbría. Teremos tamén a camisola de Rubén, o porteirazo coristanqués do Almería que tivo a ben en enviarnos unha, e máis do xalleiro Víctor Espasandín, tamén sempre atento a colaborar co Concello de Santa Comba.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).