O Combinado da Costa volve á escena


Xa está todo listo. Esta tarde veremos de novo este equipazo. Será no Partido Solidario que se celebrará este martes 30 de decembro ás 20:30h en Fontenla, Santa Comba, diante do Coruxo, todo un equipo de 2ªB.
Manu Roque, nomeado Mellor Adestrador da Costa, acompañado por Óscar Leis, poderán contar cos seguintes xogadores:
- Porteiros: Julián (XSC) e Pombo (Malpica).
- Lateral Dereito: Rubén Forján (XSC) e Adrián (Malpica).
- Lateral Esquerdo: Oscarín (XSC) e Pereiro (Zas).
- Centrais: Aarón (XSC), Chúa (Outes), Iago (Dumbría) e Álex (Castriz).
- Medios: Brais (Corme), Lucas (Corme), Jota (XSC) e Diego Cespón (Dumbría).
- Interior Dereito: MC (Baio) e Alberto Recarey (Ponteceso).
- Interior Esquerdo: Iván Rojo (Sofán) e Toniño (Corme).
- Dianteiro: Javi Suárez (Baíñas), David Blanco (Zas), Adrián Makaay (Dumbría) e Juan de Dora(Dumbría).
Fila 0
E para que non poida achegarse ata Santa Comba, a organización abre a posibilidade de que todo aquel que queira poñer o seu gran de area para colaborar, o poida facer a través da Fila 0, do número de conta da Cruz Vermella Vimianzo:- Nº de conta: EUR 2080-0082-45-3040003688.
A entidade Ferroaltántica, que xa axudou na posta en marcha do combinado aló por xuño, xa anunciou que colaborará aportando fondos. Esperemos que outras entidades tamén o fagan.
Ademais, outras persoas, a título persoal, xa fixeron a súa aportación, como é o caso do gran Luís Porto.
Sorteos

E para intentar darvos máis argumentos para vir a Fontenla, teremos varias camisolas asinadas polas grandes estrellas da Liga para sortear no descanso. Falamos de camisetas do Deportivo, Mallorca, Real Madrid ou Atlético de Madrid, cedidas por xentes como o bo de Manolo Martín, ou a Fundación Atlético de Madrid, que aínda ten aberto o prazo de inscrición da súa escola de tecnificación de Dumbría. Teremos tamén a camisola de Rubén, o porteirazo coristanqués do Almería que tivo a ben en enviarnos unha, e máis do xalleiro Víctor Espasandín, tamén sempre atento a colaborar co Concello de Santa Comba.
Novas relacionadas
- Unha hora de Partido Solidario e Fútbol da Costa na Radio Galega.
- O Fútbol da Costa prepara o seu Partido Solidario de Nadal.
- O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
- QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).