O Concello de Zas Ponciano Nieto xogarase o ascenso ante o Monteporreiro

O novo equipo Vimianzo TM coa súa equipación antes do encontro frente a Concello de Zas Ponciano Nieto. Nomes de esquerda a dereita: de pé: Paco (xogador é responsable do equipo), Ángel, Nicolás, Lucía, David Roget e Miguel (entrenador). Sentados: David Blanco, Adrián e Pablo Pose.

Xornada completa para a familia do tenis de mesa costeiro. con enfrontamentos directos como os dous choques do Vimianzo TM cos equipos zaenses. Puideron co Cernadas, pero non puideron cun Concello de Zas Ponciano Nieto que se coloca líder e que se xogará o ascenso o vindeiro 13 de decembro.

Por arriba, mala xornada para o Anorthosis, aque vendeu cara a súa pel ante o Liceo Noia.

3ª División Nacional, Grupo Centro

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo – Liceo Noia “B” 1-5 (10-17)
Gonchu2-3David Rodríguez
Andrés Fagín1-3Venancio González
Stevo1-3Rubén Pazos
Gonchu2-3Venancio González
Stevo1-3David Rodríguez
Andrés Fagín3-1Rubén Pazos

Contundente a derrota sufrida polos soneiráns na súa casa e ante un rival ante o que deberían conseguir máis puntos pero non foi o día para ningún dos xogadores. Xogaron todos por momentos moi ben e gañando sets pero os puntos dos momentos decisivos marchaban todos para os visitantes. Así, empezou moi ben Gonchu remontando 1 set e poñéndose para gañar o primeiro partido pero ao final desfondouse e perdeu 3-2. Eo mesmo lle pasou no seu enfrentamento con Venancio ante o que fixo puntos moi bonitos e loitados pero ao final outra vez 3-2 para os de Noia. Empezaron moi ben Andrés e Stevo nos seus primeiros partidos gañando o primeiro set pero despois foron superados claramente. Ao final Andrén Fagín salvou ao Anorthosis dun rosco e logrou un punto. O positivo foi a loita de cada un dos puntos e o de non dar por perdido ningún e una mostra diso é que o encontró durou case 3 horas, 2 horas e 53 minutos.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Vimianzo TM - Concello de Zas Cernadas 4-2 (13-8).
David Blanco3-0Joel Quintáns
David Roget3-0Manuel Costa
Francisco Paz0-3Edu Cernadas
David Roget3-1Joel Quintáns
David Blanco3-1Edu Cernadas
Pablo Blanco1-3Manuel Costa

Superioridade dos de Vimianzo ante os de Zas e dando a veler a gran cantidade de entrenamentos que están facendo e tamén a tranquilidade de xogar ante os conocidos e en confianza. Esperemos que este ánimo tamén o teñan cando osrivais sexan outros de lonxe, Noi ben os dous David que gañaron os seus partidos. Bo ambiente no encontró pero cada un celebraba os seus puntos e non se cedía ningún gratuitamente.

 
  • Resultado: Vimianzo TM - Concello de Zas Ponciano Nieto 1-5 (7-17).
David Blanco2- 3Brais Blanco
Angel Senra0-3Miriam Domínguez
David Roget3-2Laura Quintáns
Angel Senra1-3Brais Blanco
David Blanco1-3David Blanco
Francisco Paz0-3Juan Domínguez

Loitaron todo o que poideron os de Vimianzo TM ante os favoritos para o ascenso deste grupo como son os de Concello de Zas Ponciano Nieto que ademais contaban que o seu entrenador Miguel Rey deixou nos rapaces a responsabilidade dos puntos. E xa dende o primeiro set comprobouse que non se ían deixar gañar fácilmente. David Blanco perdía no 5º set ante Brais e David Roget superou a Laura Quintáns 3-2 e 12-10 no 5º set, despois xa os de Zas se deron conta de que tiñan que aplicarse máis e xa non deron lugar as sorpresas. O último partido serviu para enfrentarse os veteranos Paco por Vimianzo e Juan polos de Zas, onde a Paco aínda lle falta moi que batallar e entrenar, pero non debemos olvidar que só leva un ano nesto do tenis de mesa e Juan xa o aprendeu na escola.

 
  • Resultado: Oroso TM Trastes - Concello de Zas Ponciano Nieto 0-6 (1-18).
Gonzalo Mirás0-3Miriam Domínguez
Martín Fernández0-3Laura Quintáns
Hugo García0-3Ana García
Martín Fernández0-3Miriam Domínguez
Gonzalo Mirás1-3Ana García
Daniel Pérez0-3Laura Quintáns

Pouco que contar deste desprazamento dominical dos de Zas pois a superioridade xa se reflexou no marcador e ademáis debemos ter en conta que os xogadores de Oroso principiaron este ano a entrenar e participar neste deporte e xa mostran boas maneiras. Con este resultado o Concello de Zas Ponciano Nieto ponse de líder do grupo e terá que disputar ese primeiro posto o vindeiro 13 de decembro na cancha dos de Monteporreiro. Pero eso será dentro de 15 días e de momento a desfrutar do tenis de mesa.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).