O Concello de Zas Ponciano Nieto xogarase o ascenso ante o Monteporreiro


Xornada completa para a familia do tenis de mesa costeiro. con enfrontamentos directos como os dous choques do Vimianzo TM cos equipos zaenses. Puideron co Cernadas, pero non puideron cun Concello de Zas Ponciano Nieto que se coloca líder e que se xogará o ascenso o vindeiro 13 de decembro.
Por arriba, mala xornada para o Anorthosis, aque vendeu cara a súa pel ante o Liceo Noia.
3ª División Nacional, Grupo Centro
- Resultado: Anorthosis Vimianzo – Liceo Noia “B” 1-5 (10-17)
Gonchu | 2-3 | David Rodríguez |
Andrés Fagín | 1-3 | Venancio González |
Stevo | 1-3 | Rubén Pazos |
Gonchu | 2-3 | Venancio González |
Stevo | 1-3 | David Rodríguez |
Andrés Fagín | 3-1 | Rubén Pazos |
Contundente a derrota sufrida polos soneiráns na súa casa e ante un rival ante o que deberían conseguir máis puntos pero non foi o día para ningún dos xogadores. Xogaron todos por momentos moi ben e gañando sets pero os puntos dos momentos decisivos marchaban todos para os visitantes. Así, empezou moi ben Gonchu remontando 1 set e poñéndose para gañar o primeiro partido pero ao final desfondouse e perdeu 3-2. Eo mesmo lle pasou no seu enfrentamento con Venancio ante o que fixo puntos moi bonitos e loitados pero ao final outra vez 3-2 para os de Noia. Empezaron moi ben Andrés e Stevo nos seus primeiros partidos gañando o primeiro set pero despois foron superados claramente. Ao final Andrén Fagín salvou ao Anorthosis dun rosco e logrou un punto. O positivo foi a loita de cada un dos puntos e o de non dar por perdido ningún e una mostra diso é que o encontró durou case 3 horas, 2 horas e 53 minutos.
2ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Vimianzo TM - Concello de Zas Cernadas 4-2 (13-8).
David Blanco | 3-0 | Joel Quintáns |
David Roget | 3-0 | Manuel Costa |
Francisco Paz | 0-3 | Edu Cernadas |
David Roget | 3-1 | Joel Quintáns |
David Blanco | 3-1 | Edu Cernadas |
Pablo Blanco | 1-3 | Manuel Costa |
Superioridade dos de Vimianzo ante os de Zas e dando a veler a gran cantidade de entrenamentos que están facendo e tamén a tranquilidade de xogar ante os conocidos e en confianza. Esperemos que este ánimo tamén o teñan cando osrivais sexan outros de lonxe, Noi ben os dous David que gañaron os seus partidos. Bo ambiente no encontró pero cada un celebraba os seus puntos e non se cedía ningún gratuitamente.
- Resultado: Vimianzo TM - Concello de Zas Ponciano Nieto 1-5 (7-17).
David Blanco | 2- 3 | Brais Blanco |
Angel Senra | 0-3 | Miriam Domínguez |
David Roget | 3-2 | Laura Quintáns |
Angel Senra | 1-3 | Brais Blanco |
David Blanco | 1-3 | David Blanco |
Francisco Paz | 0-3 | Juan Domínguez |
Loitaron todo o que poideron os de Vimianzo TM ante os favoritos para o ascenso deste grupo como son os de Concello de Zas Ponciano Nieto que ademais contaban que o seu entrenador Miguel Rey deixou nos rapaces a responsabilidade dos puntos. E xa dende o primeiro set comprobouse que non se ían deixar gañar fácilmente. David Blanco perdía no 5º set ante Brais e David Roget superou a Laura Quintáns 3-2 e 12-10 no 5º set, despois xa os de Zas se deron conta de que tiñan que aplicarse máis e xa non deron lugar as sorpresas. O último partido serviu para enfrentarse os veteranos Paco por Vimianzo e Juan polos de Zas, onde a Paco aínda lle falta moi que batallar e entrenar, pero non debemos olvidar que só leva un ano nesto do tenis de mesa e Juan xa o aprendeu na escola.
- Resultado: Oroso TM Trastes - Concello de Zas Ponciano Nieto 0-6 (1-18).
Gonzalo Mirás | 0-3 | Miriam Domínguez |
Martín Fernández | 0-3 | Laura Quintáns |
Hugo García | 0-3 | Ana García |
Martín Fernández | 0-3 | Miriam Domínguez |
Gonzalo Mirás | 1-3 | Ana García |
Daniel Pérez | 0-3 | Laura Quintáns |
Pouco que contar deste desprazamento dominical dos de Zas pois a superioridade xa se reflexou no marcador e ademáis debemos ter en conta que os xogadores de Oroso principiaron este ano a entrenar e participar neste deporte e xa mostran boas maneiras. Con este resultado o Concello de Zas Ponciano Nieto ponse de líder do grupo e terá que disputar ese primeiro posto o vindeiro 13 de decembro na cancha dos de Monteporreiro. Pero eso será dentro de 15 días e de momento a desfrutar do tenis de mesa.
Máis información
- Clasificación da 3ª División Nacional Grupo Centro.
- Clasificación da 2ª División Galega Grupo Centro.
Novas relacionadas
- A familia Anorthosis segue medrando.
- Miriam Domínguez, ao Campionato Estatal de tenis de mesa.
- O Mazaricos non pode cos seus mestres do Anorthosis.
- Dúas de cal e dúas de area para a familia do Anorthosis.
- As rapazas do Aluminios Xeal estrearon categoría Nacional cunha viaxe a Asturias.
- O Anorthosis nota a falta de adestramento neste comezo de temporada.
- Stevo Lema disfrutou dun premio á súa carreira no Campionato de Seleccións de maiores.
- O Anorthosis comeza a tempada entre os primeiros equipos de tenis de mesa.
Crónicas da temporada pasada
- Ana García, triple podio no Campionato Galego de tenis de mesa
- O tenis de mesa galego celebrou en Zas a súa homenaxe a Moncho Varela.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).