O Corme e o Dumbría únense á filosofía #Futbolidaria

Xa disfrutamos cas experiencias #Futbolidarias en A Cerqueda e Sofán. Desta volta, e de cara ao Nadal, as familias do Corme CF e do Dumbría CF únense a estas propostas.

Por Corme preparan xa unha gran Recollida de Alimentos a favor do Banco de Alimentos Rias Altas (A Coruña). Do 11 de decembro e ata o 4 de xaneiro están abertos varios puntos de recollida.

Mentres, por Dumbría están xa pensando no I Torneo Benéfico CF Dumbría (é certo que a nós gústanos máis o concepto solidario que benéfico, pois trata máis de igual a igual). Neste caso, xogarán equipos benxamíns e alevíns un Torneo de F8, o sábado 26 de decembro a partir das 10:30h no Conco, onde haberá un espazo de recollida de alimentos para Cáritas Parroquial. Punto que estará aberto dende o 21 ata o propio sábado 26 de 16:00h a 21:00h.

Máis novas “fútbolidarias”

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).