Prepararon a nova tempada atópase o cormelán Martín Varela. O tenista en cadeira de rodas, un dos 3 mellores de todo o estado, continúa traballando na pista (e coidando dos libros da súa librería), mentres o seu irmán Esteban busca e busca novos patrocinadores. Novas colaboracións que lle permitán ao cormelán poder acodir ás citas internacionais, e seguir soñando coa Olimpiada do 2012.
Pero non só se dedica a adestrar esta figura do deporte. Tamén se preocupa de fomentar hábitos saudables entre a mocidade do país. Así, o campión de dúas copas de España de tenis en cadeira de rodas asistiu esta semana a Ourense, para dar unha charla e talleres prácticos sobre vida saudable e deporte aos alumnos do Colexio Salesianos. Trátase dunha actividade organizado para a Fundación Fedys encadrada na campaña "Somos activos".Foron máis de 120 os alumnos ourensáns que escoitaron e viron o "Así me coido eu" de Martín. Un Martín que tratou dous contidos fundamentais, a nutrición e hábitos alimenticios, e a actividade física diaria. Diso a el non lle falta.
Marga Borreguero, directora da fundación, destacou que "nesta ocasión a presencia de Martín Varela tiña un valor engadido porque tamén lles falou aos mozos da importancia do deporte adaptado. Ademais, sempre tratamos de incluír unha actividade práctica que neste caso era o tenis en cadeira de rodas, que sempre resulta moi espectacular. Ademáis, os nenos puideron jugar con el, nunha exhibición. Os nenos quedaron moi sorprendidos e colaboraron tanto en con o deportista como nos talleres".