Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Martín Varela pecha o ano cun novo torneo e xa prepara o Masters

Martín Varela pecha o ano cun novo torneo e xa prepara o Masters
Volvía á competición a semana tras 3 meses de lesión e xa volve cun título debaixo do brazo. O cormelán Martín Varela, integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés e patrocinado por Ergosaude Equipamento Xeriátrico Clínico, Apligasa e Deceuninck acabou a tempada do circuíto nacional de tenis en cadeira de rodas proclamándose campión do Open de Tenerife celebrado a pasada fin de semana. Esta era a última cita do ano antes do Máster Nacional que clausarará a tempada en decembro e ao que asistirán as oito mellores raquetas nacionais do ano, entre eles o cormelán Martín Varela.

Torneo perfecto

Martín partía como un dos favoritos ante a ausencia do catalán Kiko Tur e o aresano Illobre. Tras competir a semana anterior en Valencia, Varela acudía a Tenerife para seguir mellorando o seu nivel de xogo Para acudir ao Máster Nacional en decembro. O cormelán comezou ben o torneo vencendo con claridade ao catalán Iván Adoitar por un dobre 6/1. Xa en semis enfrontouse ao veterano Miguel Tena ao que superou por 6/1 e 6/2 na tarde do sábado. Xa o domingo Martín xogou a final ante o segundo cabeza de serie, o aragonés Carlos Pina. O partido foi moi disputado pois Martín acusou o cansazo acumulado do torneo de Valencia e os dous días anteriores de competición tanto de dobres como de individuais. O tenteo foi de 6/0, 4/6 e 6/3. Desta forma Varela termina a tempada cun novo título para o seu palmarés.

Finalistas en dobres

Martín Varela tamén competiu en dobres formando parella co outro galego da competición, Daniel Prada. Ambos conseguiron contra todo prognóstico plantarse na final, onde caeron ante a parella formada por Tena e Pina.

Vindeira cita

Martín terá agora un par de semanas para prepararse para o Máster e intentar facer un bo papel para pechar o ano. A cita será en Madrid a principios de decembro.

Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas

  • Martín Varela non pode con Kiko Tur no Open 500 de Valencia.
  • Martín Varela finalista por partida dobre no Open de Ferrol .
  • Martín Varela finalista no Open Comunidade de Madrid e campión de dobres.
  • Martín Varela xa é o número 1 do ranking nacional.
  • Martín Varela gaña o seu primeiro Open Internacional e foi convocado coa selección española.
  • A bitácora da semana (XXXVI): A bitácora de Martín Varela.
  • Martín Varela, protagonista dunha nova e xove reportaxe.
  • Fonte

    • Nota de prensa da man de Esteban Varela.

    Comentarios