O derbi, o clásico e #onosoderbi nun só día

  • Dous encontros entre conxuntos da Costa en Primeira Autonómica acompañan ao histórico Unión Club Cee-Fisterra.
Os derbis Cee-Fisterra sempre son intensos-Foto-Jorge Parri Despois dunha atípica semana de ponte, que non rematou ata o martes, a penúltima xornada de fútbol do 2015 deixa tres epicentro en chave emocional, e algún que outro foco máis sen o factor de rivalidade, pero si con marchamo de importante na loita polo título.

Primeira Autonómica: Un perímetro con difícil elección

Un seareiro dos de antes, pretecnolóxico, recuperará o domingo esa vella tradición de pasar de catro a cinco da tarde en Vimianzo e de cinco a seis en Corme. É dicir, perderase o menos posible do Soneira-Malpica e Corme-Baio. No caso do Municipal semella o peor castigo posible para os de Chema, no seu peor momento da tempada, cun 0-11 en goles nos dous últimos encontros e uns tremendos problemas de efectivos, que teñen levado as convocatorias ao borde do asumible. Pero non é que tampouco os derbis sexan prato de bo gusto para un Soneira ao que se lle veñen de atragantar de forma seguida Outes, Sofán e Baio, con dous de nove puntos. Un dos mellores ataques, cun Basti en plan estelar, contra unha defensa que non é capaz de pechar a fuga de auga que ten. Máis incerto e cun perfil semellante nos dous bandos parece o compromiso do Cairo, onde un Corme fiel ao seu estilo e todavía doido polas novas respecto á baixa de Alejo recibe a un Baio no seu mellor punto do que va de competición. Os do Cairo xogan ben e gustan, pero son coma unha muller ciruxía: todo o que ganan por diante o perden na retaguardia. Piloño e un Unión ameazante son os compromisos na casa para Outes e Sofán, respectivamente.

Preferente Autonómica: Como diría Aragonés...

Ganar, ganar e ganar. É a única consigna que lle vale ao Xallas para esta semana, contra un colista O Val inferior, contra quen xa rescucitara o Dumbría, e que non ven de deixar tan boas sensacións coma o os combeses. O precedente de Arteixo a semana pasada, onde o Xallas ata pudo vener contra o líder, ten que ser unha motivación a maiores. O Dumbría, sen embargo, podería ter máis problemas na visita a Monforte. Viaxe longo, un rival tremendamente ofensivo e goleador, e futbolistas máis experimentados no clásico Lemos.

Liga da Costa: O clásico, versión básico

A ironía do destino que ten levado a Alfredo Cambeiro a adestrar ao Unión Club Cee fai agora que un filofisterrán confeso, e exadestrador dos verdes, defenda a branca e azul (tamén irónico) no derbi histórico frente á SD Fisterra. Seguramente, os dous conxuntos con máis palmarés da zona (xunto a Xallas ou Ponteceso), poucas veces se teñen xogado tan pouco, aínda que para os visitantes é unha nova oposición a estar na cabeza. O bipolar Unión, capaz do mellor e do peor, debe mellorar o nivel defensivo dos últimos enfrontamentos directos, nos que non tivo forma de parar a velocidade ofensiva do Fisterra. Bruno, Adrián ou Roa, e as dimensións do terreo de xogo lle prantexan unha estratexia ao Cee. Do resto da xornada, e mirando para a parte de arriba, un Zas derrotado en Baíñas debe recuperar o seu nivel con motivo da visita do San Lorenzo, rival directo e semellante na súa proposta de xogo. Non de rivalidade, pero si de vecindade, será o Mazaricos-Baíñas, con Corredoira con esa aureola de esperanza renovada, e a táboa coma testemuña de que si se pode

Terceira Autonómica: Ola, está o líder?

A visita do Lira a Corcubión debe ser un bálsamo para que o primeiro clasificado se lama as feridas sufridas a pasada semana en Louro, onde caeu por 7-0. Precisamente, os muradáns, máximos goleadores da categoría, teñen unha saída sobre o papel asequible fronte ao Seaia, que aíndsa non ten atopado o camiño.

Fútbol base: O Conco para recuperar

O Xuvenil de Liga Galega e o Cadete de División de Honra do Dumbría xogan na casa, ante Sporting Estrada e Racing de Ferrol, respectivamente. No caso dos máis grandes, visita a Costa un rival da zona baixa, e que apostará polo fútbol directo. Todo o contrario que os departamentais, nun dos mellores anos de canteira que se lembran.  

Preferente Norte, xornada 16

 

Primeira Autonómica, xornada 14

Segunda Autonómica, xornada 14

Terceira Autonómica, xornada 12

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 15

Dumbría05/12 - 16:30Vilalbés

Cadete - División de Honra, xornada 15

Dumbría05/12 - 12:00Coruxo
 

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 16

 

Xuvenil - Grupo Norte, xornada 16

 

Primeira Cadete, xornada 14

Primeira Infantil, xornada 14

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 12

BenxamínCosta Sur F8, xornada 12

 

Veteranos, 1ª División, xornada 13

Veteranos, 2ª División, xornada 13

   

Crónicas da semana

 

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).