- Dous encontros entre conxuntos da Costa en Primeira Autonómica acompañan ao histórico Unión Club Cee-Fisterra.
![Cee-Fisterra]()
Os derbis Cee-Fisterra sempre son intensos-Foto-Jorge Parri
Despois dunha atípica semana de ponte, que non rematou ata o martes, a penúltima xornada de fútbol do 2015 deixa tres epicentro en chave emocional, e algún que outro foco máis sen o factor de rivalidade, pero si con marchamo de importante na loita polo título.
Primeira Autonómica: Un perímetro con difícil elección
Un seareiro dos de antes, pretecnolóxico, recuperará o domingo esa vella tradición de pasar de catro a cinco da tarde en Vimianzo e de cinco a seis en Corme. É dicir, perderase o menos posible do Soneira-Malpica e Corme-Baio. No caso do Municipal semella o peor castigo posible para os de Chema, no seu peor momento da tempada, cun 0-11 en goles nos dous últimos encontros e uns tremendos problemas de efectivos, que teñen levado as convocatorias ao borde do asumible. Pero non é que tampouco os derbis sexan prato de bo gusto para un Soneira ao que se lle veñen de atragantar de forma seguida Outes, Sofán e Baio, con dous de nove puntos. Un dos mellores ataques, cun Basti en plan estelar, contra unha defensa que non é capaz de pechar a fuga de auga que ten. Máis incerto e cun perfil semellante nos dous bandos parece o compromiso do Cairo, onde un Corme fiel ao seu estilo e todavía doido polas novas respecto á baixa de Alejo recibe a un Baio no seu mellor punto do que va de competición. Os do Cairo xogan ben e gustan, pero son coma unha muller ciruxía: todo o que ganan por diante o perden na retaguardia. Piloño e un Unión ameazante son os compromisos na casa para Outes e Sofán, respectivamente.
Preferente Autonómica: Como diría Aragonés...
Ganar, ganar e ganar. É a única consigna que lle vale ao Xallas para esta semana, contra un colista O Val inferior, contra quen xa rescucitara o Dumbría, e que non ven de deixar tan boas sensacións coma o os combeses. O precedente de Arteixo a semana pasada, onde o Xallas ata pudo vener contra o líder, ten que ser unha motivación a maiores. O Dumbría, sen embargo, podería ter máis problemas na visita a Monforte. Viaxe longo, un rival tremendamente ofensivo e goleador, e futbolistas máis experimentados no clásico Lemos.
Liga da Costa: O clásico, versión básico
A ironía do destino que ten levado a Alfredo Cambeiro a adestrar ao Unión Club Cee fai agora que un filofisterrán confeso, e exadestrador dos verdes, defenda a branca e azul (tamén irónico) no derbi histórico frente á SD Fisterra. Seguramente, os dous conxuntos con máis palmarés da zona (xunto a Xallas ou Ponteceso), poucas veces se teñen xogado tan pouco, aínda que para os visitantes é unha nova oposición a estar na cabeza. O bipolar Unión, capaz do mellor e do peor, debe mellorar o nivel defensivo dos últimos enfrontamentos directos, nos que non tivo forma de parar a velocidade ofensiva do Fisterra. Bruno, Adrián ou Roa, e as dimensións do terreo de xogo lle prantexan unha estratexia ao Cee. Do resto da xornada, e mirando para a parte de arriba, un Zas derrotado en Baíñas debe recuperar o seu nivel con motivo da visita do San Lorenzo, rival directo e semellante na súa proposta de xogo. Non de rivalidade, pero si de vecindade, será o Mazaricos-Baíñas, con Corredoira con esa aureola de esperanza renovada, e a táboa coma testemuña de que si se pode
Terceira Autonómica: Ola, está o líder?
A visita do Lira a Corcubión debe ser un bálsamo para que o primeiro clasificado se lama as feridas sufridas a pasada semana en Louro, onde caeu por 7-0. Precisamente, os muradáns, máximos goleadores da categoría, teñen unha saída sobre o papel asequible fronte ao Seaia, que aíndsa non ten atopado o camiño.
Fútbol base: O Conco para recuperar
O Xuvenil de Liga Galega e o Cadete de División de Honra do Dumbría xogan na casa, ante Sporting Estrada e Racing de Ferrol, respectivamente. No caso dos máis grandes, visita a Costa un rival da zona baixa, e que apostará polo fútbol directo. Todo o contrario que os departamentais, nun dos mellores anos de canteira que se lembran.
Dumbría | 05/12 - 16:30 | Vilalbés |
Dumbría | 05/12 - 12:00 | Coruxo |
Crónicas da semana
Novas relacionadas
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).