O Fútbol da Costa ponse solidario por Nadal
19 de decembro de 2017 (12:49 h.)
Torneo en Cee
O sábado 30 de decembro o U.C. Cee organiza un partido solidario a favor de Cáritas contra os Veteranos do seu equipo.Partido Solidario en Camelle
Vólcase o Fútbol ca Pergoliña e os veciños de Camelle empeñados en mercarlle unha casa á familia de José Secundino e Tatiana. Xa o fixo o Castrelo, doando os cartos da cantina da pasada xornada. E farano Camariñas e Camelle desputando un partido solidario este sábado 23 de decembro ás 16:00h no Rodeiro.Partidos Solidarios de Muros
O Eleuterio Balayo acolle este venres 22 de decembro unha xornada solidaria de recollida de alimentos para Cáritas. Haberá cita cos máis pequenos a partir das 16:00h (con participación dos Miúdos, Outes, Escolas de Carnota e Esteirana) e un triangular dos equipos sénior muradáns: CD Muros, Esteurana e Montelouro.Torneo dos Petóns
Non falla a UD Cerqueda coa organización do Trofeo Solidario dos Petóns. Este ano trae un Minitrofeo cunha cita o 30 de decembro no Campo de Xaviña facendo protagonistas á base. Benxamíns e Infantís da UD e do Sofán disputarán unha xornada no que o recadado servirá para comprar xoguetes para os nenos do Concello.Novas relacionadas
- Os veciños de Camelle vólcanse para que a familia de Tatiana teña unha casa.
- A xornada aprazada por Ana déixanos un Nadal cheo de Fútbol da Costa:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).