O Fútbol da Costa ponse solidario por Nadal
12:49 19/12/17
Ademais do Boxing Day de Preferente (algo descafeinado porque boa parte dos equipos decidiron adiantar os partidos), son varios os equipos da 1ª, 2ª e 3ª que adiantarán os partidos da xornada aprazada a febreiro polo temporal Ana a este Nadal (tendes os horarios en www.futboldacosta.com). Así que teremos unhas festas ben movidas polos campos da volta, porque ademais son varias as citas solidarias que se nos presentan.
Torneo en Cee
O sábado 30 de decembro o U.C. Cee organiza un partido solidario a favor de Cáritas contra os Veteranos do seu equipo.Partido Solidario en Camelle
Vólcase o Fútbol ca Pergoliña e os veciños de Camelle empeñados en mercarlle unha casa á familia de José Secundino e Tatiana. Xa o fixo o Castrelo, doando os cartos da cantina da pasada xornada. E farano Camariñas e Camelle desputando un partido solidario este sábado 23 de decembro ás 16:00h no Rodeiro.Partidos Solidarios de Muros
O Eleuterio Balayo acolle este venres 22 de decembro unha xornada solidaria de recollida de alimentos para Cáritas. Haberá cita cos máis pequenos a partir das 16:00h (con participación dos Miúdos, Outes, Escolas de Carnota e Esteirana) e un triangular dos equipos sénior muradáns: CD Muros, Esteurana e Montelouro.
Torneo dos Petóns
Non falla a UD Cerqueda coa organización do Trofeo Solidario dos Petóns. Este ano trae un Minitrofeo cunha cita o 30 de decembro no Campo de Xaviña facendo protagonistas á base. Benxamíns e Infantís da UD e do Sofán disputarán unha xornada no que o recadado servirá para comprar xoguetes para os nenos do Concello.Novas relacionadas
- Os veciños de Camelle vólcanse para que a familia de Tatiana teña unha casa.
- A xornada aprazada por Ana déixanos un Nadal cheo de Fútbol da Costa:
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).