O KickBoxing-Dumbría terá catro representantes no Campionato Nacional

As campionas galegas do Kick Boxing Dumbría con Dani Lema

Volvían do Campionato Galego de Noia con 4 medallas. E esta pasada fin de semana tampouco volveron de balde os membros do Club Deportivo Dafit (Kick Boxing-Dumbría) de Moraña, onde se celebraba o Campionato de Kick Boxing, na modalidade de Kick Light.

O club costeiro colleitaba dúas medallas de ouro, no seu respectivo peso Patricia Túñez Lema e Judith Senlle Pampín. Ademais, Patricia Domínguez Marino sumaba unha medalla de prata.

O seu adestrador Dani Lema, comenta: “Estamos moi contentos dos resultados obtidos, presentarse a dúas competicións autonómicas no que vai de ano e conseguir clasificacións en ambas para o Campionato de España, para nos como Club é un gran logro, enfrontándonos a clubs con experiencia e de renome.

4 representantes ao Nacional

Así KickBoxing- Dumbría terá catro representantes no Campionato Nacional (Tatami Sport).

Por un lado en categoría infantil,Samuel Sambad Lema (Modalidade de Light Contact) participará no Nacional que se celebrará os días 11,12 e 13 de maio en Marín.

E en Sénior, Laura Montero Romero (Modalidade de Light Contact) e Patricia Túñez Lema e Judith Senlle Pampín (Modalidade de Kick Light) acodirán a Guadalajara os días 20, 21 e 22 de xullo, para participar entre 1000 deportistas, no Campionato realizadoa través da FEKM (Federación Española de Kick Boxing), Muaythai y deportes asociados), na colaboración co Consejo Superior de Deportes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).