O Muxía recibiu unha visita mundial

Juanjo Vila estivo en Arliña
Juanjo Vila co presidente do Muxía, Álvaro Non todos os días se adestra cun dos analistas tácticos máis preparados do mundo. Tivo o plantel do Muxía a sorte de recibir a Juanjo Vila nas instalacións de Arliña. Juanjo Vila, director da revista Fútbol Táctico e co-organizador xunto QPC do Congreso de Adestradores celebrado en 2016 en Carballo, despois dunha dilatadísima carreira internacional, estivo o ano pasado ás ordes de Aitor Karanka no Middlesborouh, e espera novo destino. Juanjo tivo unha sesión de vídeo cos xogadores e unha xa no campo, traballando aspectos como a posición defensiva. O analista quedou encantado con como está traballando o club e co grupo de xogadores.

Mellorando a base

Ademais, o míster do primeiro equipo, Adrián Lema e o home para todo, Felipe Vilela, son os novos encargados da coordinación das categorías base do Muxía.
Adrian Lema e Felipiño co presi muxián

Novas relacionadas

Fonte

    Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).