![Juanjo Vila en Arlina]()
Juanjo Vila estivo en Arliña
![Juanjo Vila co presidente do Muxia Alvaro]()
Juanjo Vila co presidente do Muxía, Álvaro
Non todos os días se adestra cun dos analistas tácticos máis preparados do mundo. Tivo o plantel do Muxía a sorte de recibir a Juanjo Vila nas instalacións de Arliña.
Juanjo Vila, director da revista
Fútbol Táctico e
co-organizador xunto QPC do Congreso de Adestradores celebrado en 2016 en Carballo, despois dunha dilatadísima carreira internacional, estivo o ano pasado ás ordes de Aitor Karanka no Middlesborouh, e espera novo destino.
Juanjo tivo unha sesión de vídeo cos xogadores e unha xa no campo, traballando aspectos como a posición defensiva. O analista quedou encantado con como está traballando o club e co grupo de xogadores.
Mellorando a base
Ademais, o míster do primeiro equipo, Adrián Lema e o home para todo, Felipe Vilela, son os novos encargados da coordinación das categorías base do Muxía.
![Adrian Lema e Felipino co presi muxia Alvaro]()
Adrian Lema e Felipiño co presi muxián
Novas relacionadas
Fonte
Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).