O Piragüismo Dumbría supera a súa marca nunha Copa de España

Lorena Canosa

Volveron a Cataluña os membros da familia do CDM Piragüismo Dumbría para competir na vila lleidana de Ponts. E boa colleita trouxeron, co seu mellor posto de nunca nunha Copa de España, 7º, e con cinco finalistas que ademáis foron quenes de lograr dúas medallas.

Adaptáronse ben os costeiros ás altas temperaturas e á rapidez das augas.

Unha vez máis Lorena Costa e Jorge Quintáns subiron ó podium, a primeira en K1 cadete despois dunha competición moi pechada coa vasca Xanet Etxarri, que foi mellor na xornada do domingo, despois de que a de Berdeogas se fose a descansar o sabado como lider da competición.
Pola súa banda na categoría cadete masculina Jorge Quintáns loita contra un talento coma Pau Etxaniz que fai tempos de senior. Jorge non lle vai á zaga, e xa está facendo cronos superiores os dos mellores xuveniles do estado.
Nesa mesma categoría, Marcos Sanchez fixo a súa mellor competición da tempada, meténdose nas finais, e o mazaricán Brais Pérez tamén brillou, quedando moi preto o domingo de colarse entre os 10 mellores.

Jorge Quintáns
Brais Pérez

Jorge Quintáns tamén competía na modalidade de canoa, e non só foi quen de meterse nas finais, se non que incluso rozou o podium. En Canoa tamén competía Marco Oreiro, que non foi moi feliz nos seus descensos, e se quedou coa sensación coa sensación de poder facer bastante máis.

Finalmente Iago Canosa competiu moi ben, moi a gusto pero non foi quen de meterse nas finais. O sabado tivo un problema cun reposapes do seu barco, pero o domingo puido deixar mostra da súa calidade cun moi meritorio cuarto posto.

Iago Canosa

Ademais, o clube tamén acudiu con Alexia Canosa, que exerceu de abridora da proba, para poder ir aprendendo os percorridos onde en breve lle tocará competir.

Alexia Canosa

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).