O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional
O pasado domingo a A.D. Zas desprazouse a Narón para desputar a última concentración da fase de Ascenso a 2ª Nacional. A cousa non pintaba demasiado ben ao comezo, pero os Gonzalo, Andrés, Brais e Miguel souberon reaccionar a tempo meténdose finalmente nunha 4ª praza da Fase que, a priori, permitirá ao equipo conseguir o ansiado ascenso. Agora ben, toca esperar a que rematen as ligas nacionais superiores para comprobar os arrastres.
A fin de semana tamén tivo unha fermosa xornada de derbi entre os equipos de Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas.
3ª División Nacional, Fase de Ascenso
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Liceo Noia "B" (3-3).
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - CTM Lalín (4-2).
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Helios Asesoría Serinte (4-2).
O punto de partida era un discreto 6º posto, que deixaba ó equipo fóra das opcións de conseguir o seu obxetivo, xa que entre 3 e 5 equipos serán os que pasen á categoría superior. Ademais engadíase a baixa no partido da mañá dun dos xogadores fundamentais, Miguel Rey, polo que a situación non parecía moi esperanzadora.
O primeiro partido foi contra o Liceo Noia (3º clasificado), e o inicio foi moi malo, coas derrotas de Gonzalo e Andrés. Aí apareceu para o rescate Brais, que conseguiu unha vitoria clave, imprescindible para o empate final a 3. Este resultado entraba dentro do previsto, pero facía que se alonxase un pouco máis o soño, xa que o resto de equipos conseguiron como mínimo a mesma puntuación.
Pola tarde, xa coa presencia de Miguel, desputouse o partido contra Lalín, que rematou co resultado de 4-2 a favor da A.D. Zas, o cal descartaba ós pontevedreses da opción do ascenso e colocaba ó equipo na 5º plaza, pero o último partido era contra o líder da competición, o Helios.
Este último partido foi espectacular, xa que todos o xogadores rendiron ó máximo, conseguindo que o partido caera por un 4-2 para o lado dos de Zas, colocando ó equipo finalmente nun máis que meritorio 4º posto.
Polo que agora toca quedar á espera de ver os equipos que ascenderán finalmente, pero coa sensación de dar todos o máximo, e que no caso de conseguir poñer ó equipo en 2ª Nacional sería a guinda a unha temporada excepcional. O caso é que se ben eses 5 puntos poñen a un equipo da comarca en inmellorables condicións para o ascenso, toca esperar a que finalicen as ligas nacionais e comprobar os arrastres de descensos e ascensos das ligas superiores.
2ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: Concello Mazaricos - AD Zas O Pinar (5-1).
- Resultado: Santa Comba - Vimianzo TM (5-1).
En 2ª galega xuntáronse na Picota para desputar os dous encontros, que foron vibrantes por coñecerse moito os xogadores e as victorias decantáronse para os equipos locais pero o desfrute do deporte quedou patente en todos eles.
Vindeira xornada
Este sábado en Vimianzo no pavillón municipal 3ª concentración escolar da comarca con premios para os mellores de cada categoría. En total participarán uns 70 escolares.
E xa en Semana Santa disputaranse os Campionatos Galegos por categorías aos que se desprazan moitos dos deportistas costeiros e algúns estan a espera de entrar na competición pois están de reservas ao ter estes campionatos un número fixo de participantes por categoría.
Novas relacionadas
- O Ponciano Nieto soña cun ascenso histórico para a comarca.
- O tenis de mesa feminino está en alza.
- O AD Zas Ponciano Nieto suma un punto que o posiciona na fase de ascenso:
- A Fase de Ascenso á 2ª Nacional chega ao pavillón de Zas
- O AD Zas Ponciano Nieto empata en Santiago co 1º clasificado da 3ª división nacional de tenis de mesa.
- Mala xornada para un tenis de mesa comarcal coa mente en Valladolid
- O tenis de mesa costeiro aguantou o temporal.
- Os equipos de Zas dan un gran paso cara o título e a permanencia.
- O Concello de Mazaricos frea o seu camiño do ascenso á 1ª Galega de tenis de mesa.
- A zasense Ana García, 3ª infantil no Torneo nacional de Alcobendas de tenis de mesa.
- Empate e todos contentos.
- Empates sabrosos para os equipos do tenis de mesa.
- O AD Zas Ponciano Nieto mantense líder na 3ª divisisión nacional de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez, de Irún aos campionatos estatais de tenis de mesa
- Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca.
- Tropezo do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª división galega de tenis de mesa
- Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.