venres. 02.05.2025
El tiempo

O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional

O Ponciano Nieto fai os deberes con matrícula e espera os arrastres para certificar o ascenso á 2ª Nacional
Foto AD Zas Ponciano Nieto Os xogadores do AD Zas Ponciano Nieto amosando a súa cara de felicidade tralos partidos

O pasado domingo a A.D. Zas desprazouse a Narón para desputar a última concentración da fase de Ascenso a 2ª Nacional. A cousa non pintaba demasiado ben ao comezo, pero os Gonzalo, Andrés, Brais e Miguel souberon reaccionar a tempo meténdose finalmente nunha 4ª praza da Fase que, a priori, permitirá ao equipo conseguir o ansiado ascenso. Agora ben, toca esperar a que rematen as ligas nacionais superiores para comprobar os arrastres.

A fin de semana tamén tivo unha fermosa xornada de derbi entre os equipos de Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas.

 

3ª División Nacional, Fase de Ascenso

  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Liceo Noia "B" (3-3).
  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - CTM Lalín (4-2).
  • Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - Helios Asesoría Serinte (4-2).

O punto de partida era un discreto 6º posto, que deixaba ó equipo fóra das opcións de conseguir o seu obxetivo, xa que entre 3 e 5 equipos serán os que pasen á categoría superior. Ademais engadíase a baixa no partido da mañá dun dos xogadores fundamentais, Miguel Rey, polo que a situación non parecía moi esperanzadora.

O primeiro partido foi contra o Liceo Noia (3º clasificado), e o inicio foi moi malo, coas derrotas de Gonzalo e Andrés. Aí apareceu para o rescate Brais, que conseguiu unha vitoria clave, imprescindible para o empate final a 3. Este resultado entraba dentro do previsto, pero facía que se alonxase un pouco máis o soño, xa que o resto de equipos conseguiron como mínimo a mesma puntuación.

Pola tarde, xa coa presencia de Miguel, desputouse o partido contra Lalín, que rematou co resultado de 4-2 a favor da A.D. Zas, o cal descartaba ós pontevedreses da opción do ascenso e colocaba ó equipo na 5º plaza, pero o último partido era contra o líder da competición, o Helios.
Este último partido foi espectacular, xa que todos o xogadores rendiron ó máximo, conseguindo que o partido caera por un 4-2 para o lado dos de Zas, colocando ó equipo finalmente nun máis que meritorio 4º posto.

Polo que agora toca quedar á espera de ver os equipos que ascenderán finalmente, pero coa sensación de dar todos o máximo, e que no caso de conseguir poñer ó equipo en 2ª Nacional sería a guinda a unha temporada excepcional. O caso é que se ben eses 5 puntos poñen a un equipo da comarca en inmellorables condicións para o ascenso, toca esperar a que finalicen as ligas nacionais e comprobar os arrastres de descensos e ascensos das ligas superiores.

 

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Concello Mazaricos - AD Zas O Pinar (5-1).
  • Resultado: Santa Comba - Vimianzo TM (5-1).

En 2ª galega xuntáronse na Picota para desputar os dous encontros, que foron vibrantes por coñecerse moito os xogadores e as victorias decantáronse para os equipos locais pero o desfrute do deporte quedou patente en todos eles.

 

Vindeira xornada

Este sábado en Vimianzo no pavillón municipal 3ª concentración escolar da comarca con premios para os mellores de cada categoría. En total participarán uns 70 escolares.

E xa en Semana Santa disputaranse os Campionatos Galegos por categorías aos que se desprazan moitos dos deportistas costeiros e algúns estan a espera de entrar na competición pois están de reservas ao ter estes campionatos un número fixo de participantes por categoría.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios