Uns 200 xogadores e 40 equipos - das categorías, sub 12, sub 14, sub 17, feminina, absoluta e pro - participan desde mañá ata o domingo na segunda edición do Torneo 3x3 Carballo de hóckey a patíns, unha iniciativa da escola Lubiáns que conta coa colaboración do concello carballés. O pavillón Carballo Calero volverá a ser o escenario dun moi dinámico formato de competición no que se enfrontan equipos formados por dous xogadores e un porteiro, e que o ano pasado resultou ser un éxito para o club carballés e un atractivo espectáculo para todos os que se achegaron ao polideportivo carballés.
Mañá venres, entre as 19 e as 1 horas, e o sábado (de 10 a 1) disputaranse os partidos das ligas de clasificación, e o domingo a competición reservarase (desde as 10 horas) para as eliminatorias de cuartos de final, semifinal e finais (estas, entre as 14:50 e as 17:25). A entrega de premios está programada para as 17:45 horas. Como novidade este ano está o concurso de faltas directas en todas as categorías, unha espectacular modalidade moi demandada polos xogadores e equipos participantes.
O pasado martes presentouse na casa do concello de Carballo o torneo hockey 3x3
O torneo presentouse o pasado martes na casa do Concello nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde - Evencio Ferrero -; o concelleiro de Deporte - Marcos Trigo -; o coordinador deportivo da Escola Lubiáns - Carlos Loureiro - e o presidente do clube - David García -.
Participantes por categoría:
Sub 12